lunes, 28 de febrero de 2011

Actividades conmemorativas do Entroido


Un ano máis e despois de colocarse parte da información no calendario, estamos ansiosos de que cheguen os derradeios días desta semana para poder degustar os nosos postres e disfrazarnos para sorprendervos.
Agardamos que a todos/as vos chegase a nota coa información oportuna, pero por se acaso, deixámola aquí de xeito repetido.
A degustación dos postres típicos do entroido será este xoves. 
Tódolos nenos/as interesados en participar deberán traer o "doce" o mesmo xoves en recipientes de usar e tirar ou debidamente "bautizados" co nome do propietario.
A celebración do desfile será o venres ás 11:50 da mañá.

domingo, 27 de febrero de 2011

Ordes do MECO

Esta semana virá o MECO dándonos unha orde para cada día ata chegar ao venres.
Para saber que ordes deberás obedecer, non terás máis que seguir as instruccións ao pé da letra.

Fotos da saída a Vigo



Xa podedes visualizar as fotos tomadas na excursión a Vigo. En breve iránse pendurando máis, así como vídeos que insertaremos neste post.

Para acceder ás mesmas, fai clic aquí.

Porén, podedes visualizalas na barra lateral dereita onde indica álbumes de fotos.

Se queredes ver o vídeo da solución ao problema, facede clic aquí.

DESCULPADE A MALÍSIMA CALIDADE DO VÍDEO E O AUDIO

miércoles, 23 de febrero de 2011

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas...

...Demos, trasnos e dianhos, espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas, feitizos das mencinheiras...

Preparádevos todos/as que xa chegan dende 1º uns inexpertos maguiños aprendices de Merlín ,e unhas fermosas bruxiñas que tentarán cumprir tódolos vosos desexos.

Para conseguilo, terás que axudarlles coa súa poción.


Pero MOITO OLLO... Tede coidado con eles e non os enfadedes, pois teñen pensado convertir aos nenos e nenas de 2º en personaxes do conto de Carapuchiña vermella: unhas louras, outras morenas...

Guía Didáctica Os Narigudos

Na obra de teatro a que os vosos fillos/as acudirán en calidade de espectadores, plantexará unhas cuestións moi interesantes en canto a valores se refire.
Para que poidades facervos unha idea do que pode tratar facilitamos o seguinte link que contén a ficha técnica da obra, así como preguntas que se lle farán aos nenos/as sobre a mesma.
Para acceder ao recurso, preme aquí ou enriba da imaxe.

Almacén MULTIPLICACIÓNS

Se queres xogar acompañado do noso can e nunha ventá máis grande, pulsa aquí

Nesta aplicación poderás traballar as sumas e as restas, escollendo a dificultade. Para realizar esta actividade deberás saber sumar e restar moi ben e ter un bo cálculo mental. Pídese ademais unha boa coordinación coas teclas e busca do B e do M. Se te cres capaz, non dubides en intentalo.

Almacén SUMAS

Un link interesante para practicar as sumas:
http://latrola.net/blok/juegos/multiplicar.swf

Por se acaso fallasen as aplicacións dentro do blog, podedes visualizar o flash da suma e o flash da resta nos seguintes links:
Sumar
Restar

¿Atréveste a sumar en inglés? Pulsa aquí

Hai máis aplicacións onde podedes repasar as sumas:
1. Conta e suma
2. Sumas sinxelas
3. Suma e resta con Vedoque


En numerosas ocasións, os nenos/as teñen dificultades para realizar sumas e restas levando ao ter problemas para colocar as decenas.
Agardamos que coa presente aplicación de ANAYA se solventen este tipo de problemas e lles apeteza sumar máis e mellor.
Se queres practicar máis restas, adiante:
Práctica o conteo:
Pulsa aquí

Páxina da "Junta de Castilla y León"
Adiviña o número que falta na suma. Preme aquí.

Sumas cunha cifra: 
Preme aquí

Sumas e restas (inglés) pero fácil de entender:
Preme aquí

Vedoque:
Xoga ao escondite practicando a suma e a resta. Serás capaz de atopar ao noso amigo. Preme aquí

Atrapa ao animal correcto adiviñando o resultado da operación.
Preme aquí

Almacén RESTAS

Co obxectivo de seguir repasando as sumas e as restas nun medio diferente e algo máis ameno que o caderniño sen precisar lapis nin goma e comprobando o resultado ao momento, elabóranse as dúas seguintes aplicacións en flash para practicar as sumas e restas sinxelas na aula.
Con esta nova aplicación flash, aproveitaremos para traballar a resta mentalmente, restándolle á UNIDADE maior a UNIDADE menor e despois á DECENA maior oa DECENA menor.
Anímate a intentalo.
Práctica o conteo:
Pulsa aquí

Páxina da "Junta de Castilla y León"
Adiviña o número que falta na suma. Preme aquí.

Sumas cunha cifra: 
Preme aquí

Sumas e restas (inglés) pero fácil de entender:
Preme aquí

Vedoque:
Xoga ao escondite practicando a suma e a resta. Serás capaz de atopar ao noso amigo. Preme aquí

Atrapa ao animal correcto adiviñando o resultado da operación.
Preme aquí

Recomendacións para a excursión do xoves

En breve terá lugar a celebración da excursión a Caixanova e aínda que tódolos nenos/as levaron a información que a continuación se sinala, poñémola á vosa disposición dende aquí para maior seguridade.
Entre as recomendacións a destacar, están a seguintes:
  1. Ser puntuais no momento de entrada ao centro.
  2. É preferible que os nenos/as empreguen mochilas ou bolsas pequenas para lñevar os bocadillos, froitas...; en definitiva, aqueles que empreguen cada día para levar o aperitivo da mañá.
  3. Lembrarlle aos nenos/as a necesidade de seguir en todo momento as instruccións dos mestres/as encargados.

lunes, 21 de febrero de 2011

Secuencia numérica con animais

Ás veces os números son demasiado aburridos e custa aprendelos na orde correcta. Por iso, aproveitando o tema dos animais e a secuenciación numérica, presentamos esta actividade que irá incrementando a dificultade conforme se vaia avanzando.
DESFRÚTAA


Se prefires repasar a secuencia dos números en papel, velaquí deixo máis debuxos para que pratiques na casa:

Traballa a secuencia numérica

Interesante aplicación -bastante simple- pero que permite repasar a secuencia numérica.
Hai que ir pulsando os números na orde que corresponde para rematar o xogo.

Cantigas apadriñadas


Penduramos deste blog unha das actividades realizadas en anteriores semanas para apadriñar as nosas cantigas.
Velaquí tedes a elaborada en conxunto polas clases que integran o 1º ciclo.
Para ver as imaxes restantes, pulsa aquí.

sábado, 19 de febrero de 2011

Conta atrás para a excursión


Xa falta cada vez menos para a excursión a ver a función de títeres de caixanova por parte dos alumnos/as de 1º nivel, de entre as que nos facilitaba novacaixagalicia.
Como xa se vos comunicara a obra titulase os narigudos e, en breve, facilitaranse instruccións para o mellor desenvolvemento da actividade, tanto na duración da mesma coma no traxecto de ida e volta e actividade anexas.
Para ver as actividades que se ofertaban, consultádeo aquí.

miércoles, 16 de febrero de 2011

Coelliños da amizade



Outra das actividades que se comezou a facer o Día da Amizade foi a creación de coelliños da amizade, aínda que por falla de tempo, se remataran algo máis tarde do habitual.
Aproveitando que levamos dúas semanas co tema dos animais, considerouse interesante esa manualidade e outra feita con palillos.

Vídeo explicativo do SÍ

Debido a un exercizo plantexado no libro de texto, onde Si aparecía sen til, aproveito mediante este vídeo realizar unha explicación da diferenza existente entre SI con til e SI sen til.
A explicación é anecdótica e máis que nada como curiosidade, xa que non é demasiado importante que coñezan a diferenza polo de agora.
O arquivo swf foi cedido para publicar no blog por Pedro Álamo.

O valor do perdón e a amizade

Interesante historia para reflexionar sobre a amizade e o perdón. Podédela ver máis grande véndoa en slideshare.
Ao igual que o post anterior, cobra especial relevancia a explicación da amizade nos momentos duros, onde o perdón é unha parte fundamental.

Vídeo sobre o valor da amizade

Un vídeo relegado a un segundo plano o Día de San Valentín (Día do amor e da amizade), reincopórase agora á listaxe de entradas do blog para consultar en vindeiras ocasións.
Versa sobre a importancia da amizade, na cal no hai idades, nin culturas e onde a cor da pel non é inconveniente para forxar unha relación de amizade.

Suspensión actividades extraescolares

Por mor do temporal, hoxe mércores 16 de febreiro suspéndense tódalas actividades complementarias e extraescolares que terían lugar esta tarde.
Tódolos nenos/as foron avisados nas súas respectivas aulas.
Máis información aquí

domingo, 13 de febrero de 2011

Día do Amor e da Amizade


Co gallo da celebración do Día de San Valentín, no que conmemora o amor e a amizade, aportamos un recurso de interese orientado principalmente a alumnos do 1º ciclo, 2º curso para traballar na aula.
É unha caza do tesouro para coñecer aspectos relevantes da lenda de san Valentín.
Para acceder ao recurso, pulsa aquí

Para ver un vídeo relativo ao mesmo día e unha historia relacionada coa amizade e o perdón ir ao final do blog.

Para poder escoitar o vídeo, pausar o reproductor, pois durante o día 14 de febreiro, o noso blog terá música de fondo relacionada con este especial día.

sábado, 12 de febrero de 2011

Xogo do aforcado

Atopamos un oco para incluír un xogo clásico de toda a vida como é o aforcado para repasar apalabras en castelán, a súa grafía e a conciencia fonémica, amén de pasar un bo rato.
Agardamos que desfruten co mesmo.
El ahorcado
Tedes á vosa disposición, outros xogos de aforcado moito mellores coma, por exemplo, un xogo de Eduardo Hagán desenvolto para Facebook. Debido a que foi desenvolto para Facebook, inclúese link externo:
En minijuegos, tedes outra versión. Algunhas palabras son bastante complexas:
El ahorcado

Acceso aos recursos

En vista de que a partires de agora, a meirande parte de moitos recursos irán desaparecendo desta páxina principal, aproveitase este post para comunicarvos que para seguir accedendo aos mesmos e empregalos nas vosas casas, non teredes máis que acceder á parte dereita inferior desde blog e no fondo de todo abrides os desplegables de actividades feitas en cada mes para ver os recursos editados e poder empregalos cos vosos fillos/as.
Será atendida calquera petición que poida ser interesante para engadir ou incluír no blog

lunes, 7 de febrero de 2011

Seguimos repasando a suma

En numerosas ocasións, os nenos/as teñen dificultades para realizar sumas e restas levando ao ter problemas para colocar as decenas.
Agardamos que coa presente aplicación de ANAYA se solventen este tipo de problemas e lles apeteza sumar máis e mellor.
Se queres practicar máis restas, adiante:

Seguimos repasando a resta

Con esta nova aplicación flash, aproveitaremos para traballar a resta mentalmente, restándolle á UNIDADE maior a UNIDADE menor e despois á DECENA maior oa DECENA menor.
Anímate a intentalo.

domingo, 6 de febrero de 2011

Fábula: A cigarra e a formiga

Aproveitando a coxuntura do tema dos animais, trabállanse as fábulas que ademais sempre contan cunha moralexa.
Concretamente esta pretende inculcar a importancia do traballo e a constanza do noso rendemento a tódolos niveis.

viernes, 4 de febrero de 2011

Sumas e restas. Páxinas de interese para repasar

Práctica o conteo:
Pulsa aquí

Páxina da "Junta de Castilla y León"
Adiviña o número que falta na suma. Preme aquí.

Sumas cunha cifra: 
Preme aquí

Sumas e restas (inglés) pero fácil de entender:
Preme aquí

Vedoque:
Xoga ao escondite practicando a suma e a resta. Serás capaz de atopar ao noso amigo. Preme aquí

Atrapa ao animal correcto adiviñando o resultado da operación.
Preme aquí

Axenda escolar electrónica


Ao acceder a Primaria, os nenos comezan a ter maior autonomía e é preciso esixirlles unha maior  responsabilidade. Por iso, é un bo sistema o emprego de axendas para que os mesmos se vaian habituando a copiar as actividades, os resultados académicos e outras cuestión de especial relevancia para os mesmos.

Ás veces esquécense das actividades ou precisan que os mestres llo marquen e por iso é un bo sistema. Por iso, inclúoo o link dunha axenda electrónica para que poidan ir apuntando este tipo de cuestións na casa.

Ao fin e ao cabo, como dixo Einstein:
"Nunca metas na cabeza aquilo que che caiba no peto"

Pulsa na imaxe para descargala. Se non funciona, fai clic aquí

jueves, 3 de febrero de 2011

Vídeo da canción do Día da Paz

En anteriores post, colocamos información sobre o Día da Paz e fotos que podedes visualizar sempre na parte superior dereita do blog.
Neste caso, aportamos un vídeo grabado durante a interpretación de "Los niños queremos la paz". Colgouse en youtube para facilitar a rapidez de carga.
Desculpade polas molestias e agardamos sexa do voso agrado.

Para velo en youtube, pulsa aquí

miércoles, 2 de febrero de 2011

Sumas, restas e multiplicacións en fllash

¿Es xa un experto sumando e restando e creste capaz de sumar e restar de memoria e con rapidez?
Selecciona o nivel 1 e comeza.
Deséxoche moita sorte

Se queres xogar acompañado do noso can e nunha ventá máis grande, pulsa aquí


Nesta outra aplicación poderás traballar as sumas e as restas, escollendo a dificultade. Para realizar esta actividade deberás saber sumar e restar moi ben e ter un bo cálculo mental. Pídese ademais unha boa coordinación coas teclas e busca do B e do M. Se te cres capaz, non dubides en intentalo.



¿Atréveste a sumar en inglés? Pulsa aquí

Sumar (Repaso)

Estas dúas aplicacións flash figuran en castelán por ser o idioma no que se imparte a materia.

Son bastante sinxelas pero para aplicacións máis profesionais mellor dirixirse a deseñadores que teñen aplicacións interesantes pero xa mixturan sumas, restar e multiplicacións ademais de estar en inglés.
Aporto link como curiosidade:
http://latrola.net/blok/juegos/multiplicar.swf

Por se acaso fallasen as aplicacións dentro do blog, podedes visualizar o flash da suma e o flash da resta nos seguintes links:
Sumar
Restar

Hai máis aplicacións onde podedes repasar as sumas:
1. Conta e suma
2. Sumas sinxelas
3. Suma e resta con Vedoque


Restar (Repaso)

Co obxectivo de seguir repasando as sumas e as restas nun medio diferente e algo máis ameno que o caderniño sen precisar lapis nin goma e comprobando o resultado ao momento, elabóranse as dúas seguintes aplicacións en flash para practicar as sumas e restas sinxelas na aula.

Trabalinguas

Este post pretende incluír uns poucos trabalinguas para traballar principalmente as sílabas trabadas e traballar a memoria dos nenos.
Os trabalinguas propostos son:
Pancha
Si Pancha plancha con cuatro planchas.
¿Con cuántas planchas plancha Pancha?

Pablito
Pablito clavó un clavito en la calva de un calvito.
¿Cuántos clavitos clavó Pablito en la calva de un calvito?
En la calva de un calvito, Pablito clavó un clavito.

Los tigres
Un triste tigre comía trigo en un trigal.
Dos tristes tigres comían trigo en un trigal.
Tres tristes tigres comían trigo en un trigal.
...

Más trabalenguas
Descárgate un listado de trabalinguas sinxelos aquí

Problemas na visualización do Blog



Para tentar ter o blog o máis actualizado posible e cun mellor funcionamento, recoméndase o emprego de navegadores webs que cumpran os estándares web, pois senón existirán problemas nos scripts ou certas imaxes trócanse de lugar.

Internet Explorer presenta erros na navegación e con algúns scripts. Por iso, de ser posible, é preferible o emprego de navegadores serios como Firefox ou google Chrome.  Ámbolos dous son navegadores gratuitos.

Os links de descarga son os seguintes:
Mozilla Firefox:  
En castelán
Se o queredes ver en imaxes antes de instalalo, pulsade nas fotos seguintes:
Foto0
Foto1
Foto2
Foto3
Google Chrome
En castelán, pulsa aquí

Ante calquera fallo nalgún dos links do blog ou propostas de mellora non dubidedes en comunicalo.

Actividades do mes de febreiro

Entre as actividades máis reseñables a levar a cabo no mes de febreiro será a excursión a Vigo para os alumnos de 1º nivel. Na sección de calendario que aparece á dereita do blog tedes máis información.

O título da obra é Os Narigudos