Despois deste breve recorrido na historia do noso blog, aproveitamos para agradecer as vosas visitas e implicación cos contidos do blog, conseguindo en tan só 5 meses, superar ás 21.000 visitas.
Agardamos que fora do voso agrado e non dubidedes en seguir empregándoo.
Agora sí, despedímonos ata o vindeiro curso, desexándovos unhas felices vacacións.
Aquí tedes un resumo que, aínda que é algo farragoso por falla de tempo pode ser útil para ter xuntas as explicacións da suma e as dúas variantes de facer unha resta:
O xoves visitamos o Parque de Bombeiros de Ponteareas e os bombeirso foron moi amables explicándonos a súa labor, os aparellos do camión, os medios de transporte dos que dispoñen, as súas ferramentas e os sistemas de seguridade que empregan.
Aquí tes un Power Point resumo do que vimos e agardamos que non se te esquezas de nada do aprendido:
Se queres ver as fotos individualmente, podes velas no noso blog, na sección de álbumes (na parte superior dereita do blog). Podes acceder tamén aquí.
Podes visitar tamén a galería do noso cole, pois aí terás máis fotos e en maior resolución. Para velas preme aquí
A meirande parte dos medios de transporte que empregamos a diario, contaminan o medio ambiente, pero moitos axúdannos tamén a coidalo coma os camións de lixo que recollen os nosos desperdicios e os reciclan, os camións de bombeiros que coidan as nosas paisaxes e vivendas dos incendios...
Aproveitando o coidado do medio ambiente, os incendios e que hoxe houbo un en A Cañiza, deixamos a intro dunha serie preocupada polo medioambiente que fomentaba valores como a interculturalidade, o coidado do planeta... e que ademais, nos permite traballar a comprensión do galego oral.
Despois de ver medios de transporte terrestres, algúns de mercadorías e outros de viaxeiros, transportes de emerxencia coma helicópteros ou camións de bombeiros tocoulle a quenda aos medios de transporte acuáticos.
Os medios de transporte acuáticos desprázanse polos regatos, ríos, lagoas, ríos, mares e océanos.
Aproveitando que o ano pasado, o barco máis grande de por aquel entón estivo en Vigo (Independece of the Sea) deixámosvos unhas fotos para aqueles que non pouidestes velos.
Dende o mes de decembro do ano pasado, o barco máis grande do mundo que transporte viaxeiros é o Allure of the Sea que entre tripulación e viaxeiros permite a bordo case 9.000 persoas, distribuidas en 2.700 habitacións para pasaxeiros.
Aquí tes un vídeo para ver as dependencias e como é por dentro. Os guías explícano en inglés, pero o importante será o que vexas.
Para velo en fotos do máis grande do mundo (Allure of the Sea), preme aquí
Pero como o que estivo en Vigo foi o Independence of the Sea e din que unha imaxe vale máis ca 1.000 palabras, fíxate na imaxe e no tamaño dos autobuses de MONBUS que están ao seu lado
¿Paréche grande ou pequeno?
Se queres ver máis fotografías, preme enriba da imaxe ou aquí
Moitos transportes empréganse, hoxe en día, para salvar persoas, curar enfermos, apagar incendios...
Os medios de transporte aéreos son dos que máis chaman a nosa atención e a continuación poderás ver dous vídeos de helicópteros cargando auga para apagar incendios.
Un deles é bastante preto de Ponteareas en O Rosal. Desfrúta mirándoos.
Fíxate a forza das hélices do heliccóptero como moven a auga e mesmo salpican a cámara.
OLLO: A forza que fai un helicóptero ao cargar auga e moi grande e podes saír PINGANDO, xa que a auga pode saltarche toda. Observa que no vídeo a cámra está bastante lonxe e salpica.
Tiña un vídeo grabado co móbil onde poderiades observalo e se o localizo pendurarse para que vexades o impacto. Polo tanto, cando cargue un helicóptero mantédevos lonxe e gardade a distancia para evitar danos.
Aproveitando a actividade do bus do libro, a recreación das normas de comportamento dentro do mesmo e a construcción da manualidade, considerouse oportuno explicar cómo se transportan as persoas con mobilidade reducida.
Explicóuselle que os autobuses cun icono dun home con bastón admite persoas invidentes ou "cegos" e aqueles que teñen debuxo dunha cadeira de rodas, teñen ascensor para subir ás persoas.
Pero ¿onde está a rampa ou ascensor?
Dependendo do fabricante, teñen un deseño ou outro pero amosóuselle vídeos para que viran como funcionaba.
Podes velos a continuación:
AÍ SE ESCONDÍA A RAMPA:
AÍ SE ESCONDE NOUTROS BUSES:
PERO, ¿POR ONDE ANDA O ASCENSOR?
Hai varios modelos. Un téñeno adiante e outro detrás. Como está escondido, cremos que non existe, pero nestes vídeos verás onde se agocha.
Aproveitando que mañá "sería o día da Seguridade Vial". Ponse entre comillas, xa que estase a mudar cada ano e dependendo da fonte, aparece un día ou outro.
Unha vez vistos os transportes e rememorando o vídeo de "BUSCANDO EL SOL" que se empregara para repasar o C e o Z, agora aproveitámolo para traballar a atención e observando que moitos non levan cinto de seguridade.
Lembrade que nese vídeo se dixera que ía ser retomado.
Unha vez feita a observación, rematouse cun vídeo sobre un accidente que non lle gustou nada aos nenos e case ninguén se percatou do que quería reflictir.
Déixasevos a continuación para que o poidades ver:
E lembra como di o vídeo:
Abrázate á vida. Emprega sempre o cinto de seguridade
Despois de ver os medios de transporte e que poden ser públicos e privados, en 1ºB construimos autobuses en 3D aproveitando as actividades do libro onde nos falaba ds medios de transporte público e o comportamento oportuno cando os empregamos.
Agardamos que vos gusten:
Para ver as fotos unha por unha, só terás que premer aquí.
Así mesmo, proxectouse un vídeo curto coas normas básicas a adoptar nos autobuses, así como a explicación dos sinais que poden aparecer nos autobuses. Por exemplo, o logo para invidentes e o logo para minusválidos.
A empresa OJEA ten algúns autobuses con esas características:
Traballar en 3D é sumamente complexo a estas idades e por iso partimos das operacións concretas e material visual e manipulable para explicar mellor o funcionamento dun túnel e as saídas de emerxencia.
A maqueta é bastante "CHAPUCEIRA" (todo hai que dicilo) pero para explicar creo que foi valendo.
Deixamos os fragmentos de vídeo de parte das explicacións para que poidades ver un avance ou resumo da última sesión do día de hoxe:
NOTA: O vídeo comezará no minuto 3 e 20 segundos. Está configurado dese xeito porque aí está o importante, así que non vos estranedes. Configurouse para que rematara pouco despois do minuto 5 pero ese corte non o aceptou.
Tedes xa algunhas obras da 6ª Mostra de Teatro realizada por alumnos de 2º curso. Colgaranse na canle de Vídeo-Tv do cole, que xa coñecedes todos aínda que se insertarán tamén no propio blog para que vos sexa máis fácil acceder ás mesmas.
Lémbrate de que podes acceder á nosa CANLE a través do blog de 1º ciclo no menú lateral esquerdo ou dende o seguinte enderezo:
Algunhas vías de comunicación precisan túneles, xa sexan para pasar coches ou trens.
Dado que temos o túnel -era o máis longo de Galicia (xa non o é)- da Cañiza e que se está a traballar nel e bo coñecer a súa estrutura que foi explicada na aula.
Mañá colgarase unha breve explicación.
A meirande parte dos túneles españois son feitos a base de dinamita, voladuras, excavadoras e demais, pero dada a dureza do terreo, nun túnel de Vigo -único de Galicia- foi preciso empregar dúas tuneladoras.
Os seus nomes son LEBRE e MIÑOCA
Visto que é a única vez que están en Galicia e tan preto e que vimos o vídeo, sería bo que non desaproveitases a oportunidade e foses velas, xa que pode non voltar a presentarse esta oportunidade.
É difícil que estas cousas pasen máis dunha vez e as tuneladoras aínda seguirán aí por uns meses máis.
Fíxate no seu tamaño e lémbrate da información que nos deron no vídeo posto na aula:
Así e todo por se non podes ir a velas, lémbrate de cómo funcionaban e velaquí che queda unha foto das que hai facendo o túnel de Vigo por se as recoñeces.
Posto que nos atopamos no blog de 1º ciclo e que alumnos de 2º xa saben multiplicar, deixamos cancións de táboas de multiplicar para que os nenos/as de 2º repasedes no verán e aqueles de 1º que vos apetece practicar, poderedelo facer nos vosos ratos libres.
Non son as mellores cancións nin as que máis gustan, pero tamén é boa a variedade.
OLLO: Lembra que tódalas táboas teñen truco para aprendelas, tanto na escrita como mentalmente. Non te esquezas deles.
Xa están case tódolos cadernos viaxeiros de 1º ciclo subidos ao blog e, en breve, subiranse os restantes.
Para que non teñades que ir ao almacén e andar buscando nas entradas anteriores, tedes creada unha solapa no blog para poder ler as opinións de tódalas nais/ pais e, por suposto, dos nenos/as.
Aquí che deixamos un crucigrama moi sinxelo para que coloques os medios de transporte no seu lugar e escoites a información que nos da o noso amigo o gato.
Para ir á aplicación, preme enriba da imaxe ou fai clic aquí
Unha vez vistos xa varios tipos de transporte terrestres, en 1º B realizamos unha proxección de 10 minutos dun vídeo do túnel oceánico máis grande do momento e o 3º máis grande do mundo: "O Canal de la Mancha".
Aproveitando que por el circulan coches e trens coma o que inicia a lectura e que hai un túnel moi preto de aquí (TÚNEL DE A CAÑIZA) aproveitouse para explicar que nos túneles hai un pasadizo central que comunica os dous túneles e para saír en caso de emerxencia.
Despois de ver que hai medios se poden clasificar en transporte que emprega combustible e os que non e que tamén os podemos diferenciar segundo sexan aéreos, marítimos e terrestres, velaquí queda unha aplicación para que os repases e coñezas un pouco máis dos diferentes medios de transporte:
Coméntovos que a Revista do noso cole que levastes para a casa, tédela pendurada no Blog de Normalización Lingüística e na web do colexio por se a queredes ver mellor ou se algunha sufriu deterioro.
No último Power Point que se vos remitira por correo electrónico a 1º B parece que había problemas de reproducción nalgúns ordenadores, así que aprovéitase o blog para penduralo e que o poidades visualizar sen problemas.
Contén certos erros técnicos nalgunhas animacións ao facer a conversión e hai unha mistura de idiomas para se os nenos/as eran capaces de diferencialos, pero ningún se deu conta. Se vos fixades algunhas explicacións están en galego.
NOTA: O das restas levando non é obrigatorio ata 2º e hai máis xeitos de explicalas. Se da tempo, nas próximas semanas teredes un flash ou Power Point explicando mellor as sumas e as restas e tamén doutros xeitos. Porén, lembrade que tedes vídeos no blog na columna lateral dereita de repasar as sumas e as restas a aqueles nenos/as que aínda lle custe.
Polo volumen non vos preocupedes, está sen son e polo tamaño, para velo máis grande, premede na parte inferior dereita que ten catro frechiñas pequenas.
Se queredes copiar os problemas para practicalos na libreta, tedes o Power Point e os problemas debaixo escritos para que vos resulte máis fácil, premendo aquí
Hoxe saíu publicada na web da Consellería a convocatoria de axudas de libros de textos para o vindeiro curso académico2011-2012.
Dado que a algunhas nais/ pais vos pode interesar aproveitamos dende aquí para facervos chegar a información.
Os nenos/as de 1º e 2º están incluidos nas axudas, polo tanto todos aqueles que esteades interesados en obter esa axuda para os libros, só tedes que premer aquí ou na imaxe que figura a continuación.
Alí teredes información sobre quen pode solicitala, a documentación necesaria e os detalles de todo o proceso.
O impreso para solicitalo podedes descargalo directamente premendo aquí pero é recomendable que leades toda a iinformación primeiro.
Despois de aprender a coñecer as horas: horas en punto, media hora e cuartos de hora, é necesario aprender a contabilizar os minutos exactos nos que nos atopamos.
Para que che sexa máis fácil, desenvolveuse a seguinte aplicación.
Velaquí che deixamos unha vídeo explicación das partes que debe ter unha carta e como ten que ir colocada para que este verán aproveites a mandar moitas cartas aos teus amigos.
Dentro da mochila viaxeira ía un caderno para escribir as vosas impresións e as dos vosos fillos/as e agora aproveitamos este blog para que todos/as vexades o resultado final.
Irémolas colgando en canto as teñamos listas e así mesmo poderedes velas todas xuntas cando estean listas na solapa denominada Caderno viaxeiro 2011 ou facendo clic aquí
Se a queres ver máis grande só terás que pulsar enriba dela e poderás visualizala coma se fose unha revista.
Hoxe visitáronnos os nenos de 5 anos das escolas unitarias que pertencen ao noso centro para coññecer un pouco mellor coma serían as aulas e o patio do seu futuro colexio.
Deixamos algunhas fotos para que poidades visualizalas premendo aquí
Este ano 2011 dedícaselle o Día das Letras Galegas a Lois Pereiro.
Lois Pereiro naceu, baixo o pseudónimo oficial de Luis Ángel Sánchez Pereiro, o 16 de febreiro de 1958,
Aos 17 anos, quen fora un neno máis ben tímido e calado era un rapaz que recitaba os simbolistas en francés nas discotecas, compartía coa casete, e participaba nos debates dos lectores nas revistas de cine. Comezou a escribir no idioma que escoitara coma quen oe o río das orixes, e que aínda non falaba, os seus primeiros poemas.
Para saber máis da súa obra, preme aquí ou enriba da imaxe.
Hoxe todo o cole levou a Revista do cole que agardamos que vos guste.
Tentaremos subila en formato electrónico para que poidades vela en rede dentro do Blog de Normalización Lingüística como a revista do curso do ano pasado que podedes consultar no citado blog ou dende a páxina web do noso cole.
Está á vosa disposición un canal online de youtube. Sería coma unha canle de TV pero con programas en diferido.
Polo de agora, só ten vídeos de baixa resolución e pouca calidade, pero tentarase facilitar o acceso a máis material videográfico en breve.
GOOGLE comezou a facer ilimitada a subida de vídeos sen límite de tempo e tamaño, pero a España non chegará ata finais de ano. Polo tanto, hai que editar os vídeos, trocealo e facerlle modificacións para subilo, así que levará tempo.
Agardamos que vos guste.
Para velo noutra fiestra preme enriba da imaxe ou en aquí
Aquí tes un xenerador de sumas, restas e multiplicacións para practicar no teu ordenador ou imprimilas e traballalas en papel.
No recadro que pón máximo, escribe 999 ou un número maior para que as sumas sexan algo máis variadas.
Se queres velo nunha fiestra máis grande, preme aquí.
Dende hoxe xa podedes visualizar tódolos álbumes que tiñamos subidos á galería para ver aos vosos pequenos/as nas diferentes fotografías.
Para ver tódalas fotos do noso cole do curso 2010 - 2011 (1.802 distribuidas en 24 álbumes), accede dende a web do noso cole á GALERÍA ou preme enriba da seguinte imaxe.
Debido a problemas técnicos non poden visualizarse tódolos álbumes de fotos que se subiron á galería do centro no cal subimos xa 1.800 imaxes.
Procuraremos amañalo o antes posible.
Para acceder á galería, só tedes que ir á web do noso centro e facer clic na parte superior esquerda onde pón galería como se indica na seguinte imaxe.
Tamén podedes acceder aos álbumes da nosa web facendo clic enriba da imaxe
Os nenos e nenas de 1º ciclo queremos aproveitar este post para desexarvos un Feliz Día da nai.
Todos somos iguais pero á vez temos diferentes gustos, necesidades... Uns somos máis baixos, outros máis altos, algúns somos morenos, outros somos loiros...
Non hai dúas mamás iguais pero todas nos queren moito e agradecen os nosos agasallos porque o que realmente conta e a intención e o cariño co que se fai.