martes, 31 de mayo de 2011

Revista do curso actual

Coméntovos que a Revista do noso cole que levastes para a casa, tédela pendurada no Blog de Normalización Lingüística e na web do colexio por se a queredes ver mellor ou se algunha sufriu deterioro.
Os links son os seguintes:

Unha vez a localices, lembra que terás que facer clic enriba para ampliala e vela mellor.

sábado, 28 de mayo de 2011

Power Point problemas

No último Power Point que se vos remitira por correo electrónico a 1º B parece que había problemas de reproducción nalgúns ordenadores, así que aprovéitase o blog para penduralo e que o poidades visualizar sen problemas.
Contén certos erros técnicos nalgunhas animacións ao facer a conversión e hai unha mistura de idiomas para se os nenos/as eran capaces de diferencialos, pero ningún se deu conta. Se vos fixades algunhas explicacións están en galego.

NOTA: O das restas levando non é obrigatorio ata 2º e hai máis xeitos de explicalas. Se da tempo, nas próximas semanas teredes un flash ou Power Point explicando mellor as sumas e as restas e tamén doutros xeitos. Porén, lembrade que tedes vídeos no blog na columna lateral dereita de repasar as sumas e as restas a aqueles nenos/as que aínda lle custe.
Polo volumen non vos preocupedes, está sen son e polo tamaño, para velo máis grande, premede na parte inferior dereita que ten catro frechiñas pequenas.


Se queredes copiar os problemas para practicalos na libreta, tedes o Power Point e os problemas debaixo escritos para que vos resulte máis fácil, premendo aquí

Caderno viaxeiro 1º A

Lembrade que en breve teredes todos os cadernos viaxeiros de 1º ciclo na solapa Caderno Viaxeiro 2011


viernes, 27 de mayo de 2011

Libros de texto 2011-2012 (gratuidade solidaria)

Hoxe saíu publicada na web da Consellería a convocatoria de axudas de libros de textos para o vindeiro curso académico 2011-2012.

Dado que a algunhas nais/ pais vos pode interesar aproveitamos dende aquí para facervos chegar a información.

Os nenos/as de 1º e 2º están incluidos nas axudas, polo tanto todos aqueles que esteades interesados en obter esa axuda para os libros, só tedes que premer aquí ou na imaxe que figura a continuación.

Alí teredes información sobre quen pode solicitala, a documentación necesaria e os detalles de todo o proceso.

O impreso para solicitalo podedes descargalo directamente premendo aquí pero é recomendable que leades toda a iinformación primeiro.

jueves, 26 de mayo de 2011

Manualidades medios de comunicación

Aproveitando que estamos co tema dos medios de comunicación, realizáronse algunhas manualidades na aula relacionas co tema.
Deixamos algunha imaxe a continuación.





miércoles, 25 de mayo de 2011

Seguimos divertídonos co reloxo practicando a hora

Fai clic na imaxe para que che abra a aplicación unha fiestra nova:


Agora que xa sabes mirar a hora e hora de que a repases por última vez e coloques a hora nos reloxos analóxico e dixital

Practicamos horas máis complexas

Repasa o que aprendiche aquí

Despois de aprender a coñecer as horas: horas en punto, media hora e cuartos de hora, é necesario aprender a contabilizar os minutos exactos nos que nos atopamos.
Para que che sexa máis fácil, desenvolveuse a seguinte aplicación.

Aprendemos as partes do reloxo e a medir a hora

Aquí un reloxo para aprender a saber ler as horas nun reloxo analóxico e nun reloxo dixital.

Aproveita a xogar coa seguinte aplicación.
Lembra que a agulla pequena marca as horas e a agulla grande os minutos.
Ás agullas tamén se lle chama SAETAS


Fichas imprimibles para traballar as matemáticas de ORIENTACIÓN ANDUJAR:

Traballar horas en punto. Preme aquí
Traballar a media hora. Preme aquí
Traballar os cuartos de hora. Preme aquí

Se esas actividades che parecen poucas, aquí deixamos un xenerador de horas para que poidas repasalas mellor. Preme aquí

Exemplo de carta

Velaquí che amosamos un exemplo de carta coas súas partes para que che quede máis claro.

Cómo escribir unha carta

Velaquí che deixamos unha vídeo explicación das partes que debe ter unha carta e como ten que ir colocada para que este verán aproveites a mandar moitas cartas aos teus amigos.

martes, 24 de mayo de 2011

Partes dunha carta

Xa pronto chegarán as vacacións e algúns estaremos lonxe dos nosos amigos.
Para poder seguir falando con eles, poderemos quedar no parque, escribirnos cartas, correo electrónico...
Pero ¿como escribir unha carta?

Comezamos deixándoche unha aplicación flash para que vexas as partes dunha carta e en qué lugar ha de ir cada unha.

Agora, só tes que practicar

Divírtete repasando as matemáticas

Velaquí che deixamos unha aplicación para que desfrutes repasando as matemáticas.

Xoga coas sumas repasando


Adiviña o número que falta.


Axúdalle a Bob Esponja a saber qué número falta


Para velo noutra fiestra preme aquí

lunes, 23 de mayo de 2011

Caderno viaxeiro 2011

Dentro da mochila viaxeira ía un caderno para escribir as vosas impresións e as dos vosos fillos/as e agora aproveitamos este blog para que todos/as vexades o resultado final.
Irémolas colgando en canto as teñamos listas e así mesmo poderedes velas todas xuntas cando estean listas na solapa denominada Caderno viaxeiro 2011 ou facendo clic aquí


Se a queres ver máis grande só terás que pulsar enriba dela e poderás visualizala coma se fose unha revista.

jueves, 19 de mayo de 2011

Día da Convivencia de Infantil


Hoxe visitáronnos os nenos de 5 anos das escolas unitarias que pertencen ao noso centro para coññecer un pouco mellor coma serían as aulas e o patio do seu futuro colexio.
Deixamos algunhas fotos para que poidades visualizalas premendo aquí

6ª mostra de teatro 1º ciclo

Dende o mércores ata este venres, estase a celebrar a 6ª mostra de teatro do CEIP Fermín Bouza Brey.
Velaquí vos deixamos algunhas fotos tomadas durante o transcurso da función



Para velas imaxes unha a unha, preme aquí

viernes, 13 de mayo de 2011

Repasamos unha vez máis as restas

Agora repasamos unha vez máis as restas



Selecciona o nivel 0 e vai avanzando




Repasamos as sumas






Practica sumas máis complexas


Selecciona o nivel 0 e vai avanzando

17 de maio. Día das Letras Galegas

Este ano 2011 dedícaselle o Día das Letras Galegas a Lois Pereiro.
Lois Pereiro naceu, baixo o pseudónimo oficial de Luis Ángel Sánchez Pereiro, o 16 de febreiro de 1958,
Aos 17 anos, quen fora un neno máis ben tímido e calado era un rapaz que recitaba os simbolistas en francés nas discotecas, compartía coa casete, e participaba nos debates dos lectores nas revistas de cine. Comezou a escribir no idioma que escoitara coma quen oe o río das orixes, e que aínda non falaba, os seus primeiros poemas.

Para saber máis da súa obra, preme aquí ou enriba da imaxe.

Disfrutamos lendo coa revista do noso cole

Hoxe todo o cole levou a Revista do cole que agardamos que vos guste.
Tentaremos subila en formato electrónico para que poidades vela en rede dentro do Blog de Normalización Lingüística como a revista do curso do ano pasado que podedes consultar no citado blog ou dende a páxina web do noso cole.


miércoles, 11 de mayo de 2011

Canle de vídeos do noso cole

Está á vosa disposición un canal online de youtube. Sería coma unha canle de TV pero con programas en diferido.
Polo de agora, só ten vídeos de baixa resolución e pouca calidade, pero tentarase facilitar o acceso a máis material videográfico en breve.
GOOGLE comezou a facer ilimitada a subida de vídeos sen límite de tempo e tamaño, pero a España non chegará ata finais de ano. Polo tanto, hai que editar os vídeos, trocealo e facerlle modificacións para subilo, así que levará tempo.
Agardamos que vos guste.


Para velo noutra fiestra preme enriba da imaxe ou en aquí

Xenerador de sumas, restas e multiplicacións

Aquí tes un xenerador de sumas, restas e multiplicacións para practicar no teu ordenador ou imprimilas e traballalas en papel.
No recadro que pón máximo, escribe 999 ou un número maior para que as sumas sexan algo máis variadas.
Se queres velo nunha fiestra máis grande, preme aquí.

lunes, 9 de mayo de 2011

Xa podedes acceder á galería

Dende hoxe xa podedes visualizar tódolos álbumes que tiñamos subidos á galería para ver aos vosos pequenos/as nas diferentes fotografías.
Para ver tódalas fotos do noso cole do curso 2010 - 2011 (1.802 distribuidas en 24 álbumes), accede dende a web do noso cole á GALERÍA ou preme enriba da seguinte imaxe.
1
Se non funciona o link, preme aquí.

viernes, 6 de mayo de 2011

Manualidade 1º B do mes de maio

Maio é por excelencia o mes das flores e en numerosas vilas e pobos se celebra o maio.
Quixemos facer unha especial homenaxe realizando unhas flores de plastilina que podedes ver a copntinuación.
1

Para velas en Picasa preme aquí

Problemas técnicos

Debido a problemas técnicos non poden visualizarse tódolos álbumes de fotos que se subiron á galería do centro no cal subimos xa 1.800 imaxes.
Procuraremos amañalo o antes posible.
Para acceder á galería, só tedes que ir á web do noso centro e facer clic na parte superior esquerda onde pón galería como se indica na seguinte imaxe.

Tamén podedes acceder aos álbumes da nosa web facendo clic enriba da imaxe

martes, 3 de mayo de 2011

Fotografías do centro

Xa está actualizada a galería da nosa páxina web con todas as fotos tomadas este curso académico no Fermín Bouza Brey.

Neste intre só hai arredor dunhas 1000 pero procuraremos ir subindo en breve as restantes.
Para acceder só ás do 1º ciclo, seguide consultando o blog pois será aí onde só aparezan as dos voso fillos/as.

Para ver tódalas fotos do noso cole, accede dende a web do noso cole á GALERÍA ou preme enriba da seguinte imaxe.
1
Se non funciona o link, preme aquí.

domingo, 1 de mayo de 2011

FELIZ DÍA DA NAI

Os nenos e nenas de 1º ciclo queremos aproveitar este post para desexarvos un Feliz Día da nai.


Todos somos iguais pero á vez temos diferentes gustos, necesidades... Uns somos máis baixos, outros máis altos, algúns somos morenos, outros somos loiros...

Non hai dúas mamás iguais pero todas nos queren moito e agradecen os nosos agasallos porque o que realmente conta e a intención e o cariño co que se fai.