jueves, 31 de marzo de 2011

Mes da expresión

Mañá comeza o mes de abril, o mes da expresión por excelencia, onde acostuman coincidir a Semana da Prensa, a reflexión crítica e o Día do Libro.
Aproveitando que a Semana da prensa coincidiu no mes de marzo e que nas últimas semanas nos expresamos poeticamente, querémolo despedir cun graffiti bastante suxerente relacionado coa liberdade de expresión.
f

NOTA: En breve, procuraremos pendurar fotos da segunda visita dos maiores ao noso cole, nesta ocasión ao 2º curso de educación Primaria.

miércoles, 30 de marzo de 2011

Remate prazo de admisión

Lembramos que mañá día 31 de marzo remata o prazo de admisión e matrícula para o novo curso 2010-2011. Toda a información foi pendurada na páxina web xa moitos días atrás.
f

lunes, 28 de marzo de 2011

Máis recursos para restar

Aquí che quedan dúas aplicacións máis para practicar a resta, aínda que estas poden serche máis liosas que as anteriores.
Desfrútaas.

Dúas cifras e levando
Para abrila noutra fiestra, preme aquí

Tres cifras e levando
Para abrila noutra fiestra, preme aquí

Unha aplicación para que repases sumas e restas

Velaquí che queda un pequeno programiña para que aproveites a repasar as operacións matemáticas vistas polo momento:
Se falla a aplicación dentro do blog e desexas abrila nunha fiestra nova, preme aquí
Se a anterior te aburre e desexas probar un novo xogo, aquí che queda outro:
Para abrir a aplicación noutra ventá, preme aquí.

domingo, 27 de marzo de 2011

Repaso e restar levando

Despois do vídeo introductorio, agardo que esteades máis animados a seguir sumando e restando no voso menú da dereita.
Agora toca o máis difícil (restar levando) e hai varios xeitos de facelo, pero somos moi intelixentes e acabaranos saíndo ben.
Aquí tes un vídeo resumo:


Se aínda che seguen a parecer difíciles as sumas e restas ou ben queres comezar os teus primeiros pasos coas multiplicacións, velaquí tes algunhas opcións:
Sumas
Restas
Multiplicacións
Se queres facer algunhas restas levando, só terás que premer aquí. 

Unha explicación máis sinxela e en formato texto, podedes vela a continuación.

Por se tiverades problemas co anterior slide, velaquí vos queda outro moi semellante ao anterior:

NOTA: Aínda que o idioma empregado nos post é o galego, as explicacións e demais aplicacións van en castelán por ser o idioma no que hai que impartir as matemáticas.

viernes, 25 de marzo de 2011

Cambio de hora

Na imaxe seguinte poderás ver que hora hai en cada país do mundo no momento actual. Así que sé curios@ e anímate a comprobalo.



Lembra que este fin de semana vannos a cambiar a hora e teremos unha hora menos de sono.

Non te esquezas de adiantar unha hora o teu reloxo e de deitarte máis cedo, pois senón terás unha hora menos de sono.

Curiosidades animais

Co tema dos animais puxéronse algunhas películas para ver curiosidades dos animais como elemento motivador  e posteriormente comentadas oralmente en galego.
Repasábanse despois con elas os lugares onde viven os animais, a clasificación ovíparo-mamífero con vídeos de crocodrilos nacendo de ovos por exemplo.
Unha mostra dun animal ovíparo podes vela a continuación.


Aínda que agardo que te lembres dos animais mamíferos, por exemplo do delfín:

Preguntas de comprensión 1º B

Aproveitando a chegada da primavera, proxectamos a película de O Bosque Animado para traballar a entrada da estación, diferentes tipos de animais que aparecen na mesma e, como non, practicar a comprensión auditiva e o idioma galego.

Asimesmo, na intro, aparecen plantas xa vistas na aula e dúas delas son o nome de dúas aulas de 1º que moitos nenos/as souberon localizar.

As preguntas de comprensión formuladas para avaliar a comprensión foron as seguintes:
  1. ¿Que animal era o protagonista da película? ¿Cal era o seu nome?
  2. ¿Cal foi o animal que avisou a Furi do ataque das moscas?
  3. Escribe polo menos 6 animais que apareceran na película.
  4. ¿Que querían facer coas toupas?
  5. ¿Como se decataron as árbores do que ían a facer coas toupas?
  6. ¿En que estación do ano comezou a historia?
  7. ¿Para que precisaba o home as toupas?
  8. ¿En que lugar caeu dúas veces o can?
  9. ¿Que pensaron as moscas que era a muller da película?
  10. ¿Como se libraron da muller malvada da película?
Velaquí tedes unha mostra da visualización da película.

Para vela directamente en youtube, preme aquí

jueves, 24 de marzo de 2011

Algunhas imaxes do Día da poesía

En días pasados, colocáronse diferentes poesías elaboradas pola grande maioría dos escolares e deixáronse penduradas de Picasa, pero para que poidales velas dun xeito máis cómo e preciso, velaquí vos deixamos unha presentación simple das mesmas:


Para velas de xeito individual, preme aquí

miércoles, 23 de marzo de 2011

martes, 22 de marzo de 2011

Día Mundial da auga

Velaquí tedes un vídeo relacionado coa auga para conmemorar este día:


Un vídeo moi interesante elaborado pola Concellería de Ourense tamén podedes velo aquí.

lunes, 21 de marzo de 2011

Traballando a poesía

Ao longo destes días, dende o 1º ciclo estánse a traballar as poesías e as rimas en coordinación co Equipo da Biblioteca.

Comezamos en primeiro lugar a partires dos pareados axeitando deste xeito o nivel de dificultade á idade dos nosos alumnos/as.

A partires de mañá, iremos pendurando no blog algunhas das fotos, mentras tanto deixámosvos con algúns exemplos de pareados postos aos nenos/as para facilitar a súa creación e inventiva.

Agardando que disfrutedes, deixámosvos cunha recopilación de exemplos.

Unha nena chamada Saray
é moi amiga de Yeray.

A esa nena chamada Mónica
non lle gusta tocar a harmónica.

Eva e Carmen son dúas nenas
que non teñen irmáns pequenas.

A Pablo e a Hugo
gústalle o besugo.

Á miña tía Susana
gústalle a Panorama.

A mamá de Laura
quere mercarlle unhha frauta.

A amiga de Laura
bebe moita auga.

A miña mamá Liliana
traballa toda a semana

A miña alumna Iria
fai os deberes polo día.

As nenas Saray e Lucía
lévanse de marabilla.

Anxo e o seu irmán
viaxarán en catamarán.

Aquel neno chamado Andrés
vai probar os canapés.

Á miña alumna Estefanía
gústalle moito a poesía.

Eloy e Nicolás
axudan aos demais.

A miña amiga Lucía
ten sempre moita alegría.

Un día díxome Ainhoa
que quería viaxar en canoa.

O papá de Martín
inflou a roda co bombín.

O mestre regaloulle a Miguel
un grande e saboroso pastel.

A avoa de Aarón
veu pasar un avión.

O noso compañeiro Aarón
regalóunos un bombón.

...

sábado, 19 de marzo de 2011

Curiosidades do Día do Pai

Hoxe celebramos o Día do Pai, pero ¿sabías que non se celebra o mesmo día do ano e tódolos países?
Se queres coñecer qué día se celebra en cada país, só terás que premer aquí

viernes, 18 de marzo de 2011

Manualidades do Día do pai

Co gallo da celebtración do Día do pai que terá lugar mañá, sábado 19 de marzo tivo lugar no día de hoxe a realización de diferentes manualidades levadas a cabo nos diferentes cursos para felicitar ao noso pais polo seu cariño, apoio...
En cada curso, a actividade foi diferente para darlle unha maior heteroxeneidade e vistosidade.
A modo de exemplo, adxuntamos unha delas que algúns pais recibirán no día de mañá.


Para velas mellor, preme aquí

Benvida ao novo compañeiro de 1ºB

A partires de hoxe, somos un membro máis na aula de 1º B
O novo compañeiro chámase Aarón e procuraremos que se sinta como en casa.

jueves, 17 de marzo de 2011

Páxina web do centro e corrección de fallos do blog

Ademáis do presente blog e os restantes do centro, dende os cales podedes acceder a través deste blog, facilitamos o enderezo da páxina web do centro:


Podedes acceder á mesma dende o menú da vosa esquerda, facendo clic na imaxe que se atopa xusto debaixo do desplegable de DATOS DO CENTRO

Desculpas polos enlaces de datos do centro, pois por fallos no servidor onde se aloxaban, houbo que mudalos a outro aloxamento distinto. De todos modos se observades algún problema non dubidedes en comunicalo coma por exemplo, a existencia dalgún link roto.

A información que alí aparece é mínima pero agadamos que sexa do voso interese.
Para información máis actualizada consultade o presente blog, principalmente a Área de Nais / Pais e a sección de calendario que tendes na parte superior dereita, na cal se van engadindo as actividades que se irán realizando de aquí a final de curso.

lunes, 14 de marzo de 2011

Campaña de aforro de auga


Esta fin de semana terá lugar unha campaña de aforro de auga en Ponteareas, na Praza Maior.
O eixo da actividade será o multimedia de Os Sostibles.

Para ter máis información, consultar a solapa de Pais/Nais ou a sección do calendario para aqueles/as que queirades asistir.

domingo, 6 de marzo de 2011

Expresión a través do Entroido

A finalidade última do Entroido é facilitar a liberdade de expresión e aproveitando temas candentes do momento a crise, a suba de gasoil,  a limitación da velocidade, xorden unha morea de sátiras ao respecto.

Os nosos maguiños -aproveitando os seus poderes máxicos- foron demasiado fedellos e quixeron expresalo dun xeito máis ameno transformando animaliños en obxectos de protesta:

Moitas desas sátiras acaban trascendendo ata o punto de que os programas da TV e as grandes orquestras de Galicia se fan eco, tal e como podedes ver no contido multimedia seguinte:

Programa LAND ROBER

Carroza:


Parodia da Orquestra Panorama. Inicio da Xira 2011

viernes, 4 de marzo de 2011

Las manos arriba...

...
Da media vuelta danza kuduro
No te canses ahora que esto solo empieza
...

Con este vídeo, agardamos que aproveitedes e desfrutedes do ENTROIDO.

Lembrade que tedes o calendario escolar pendurado no blog, tanto o oficial como o elaborado dende o equipo TIC's.

Ata o xoves 10 de marzo!!!!

A maxia de 1º presenta...

...aos nenos e nenas de 1º B presentando os seus novos poderes máxicos.



Para ver as fotos libres, podedes facelo no apartado de állbumes de fotos ou dende aquí.

Entroido 2011

Os festexos do Entroido 
non fan máis que comezar, 
para que nos vindeiros días
só teñas que disfrutar.

Magos e meiguiñas,
lobos e carapuchiñas
a tódolos pais e nais desexan
que teñades uns felices días.

Agora sentados aquí diante
máis tarde quen sabe onde
pero o importante nestes días
e pasalo ben, preto ou lonxe.

Neste momento vos deixamos
con estes vídeos e estas fotos
que os mestres do 1º ciclo
vos colgan para todos.

Non te marches antes de velas
pois non te has de aburrir
xa que unhas poquiñas colgamos
para que as vexas aquí.
(Preme en aquí para visualizar as fotos)

Podes visualizar os vídeos dende aquí, pero se desexas ver os vídeos directamente en youtube, preme no enlace correspondente.
Entre que o móbil quixo tomar vacacións antes de tempo e a lente do móbil non é demasiado boa a calidade das fotos e dos vídeos deixa bastante que desexar.
Fora preferible unha montaxe pero agardamos que en ocasións futuras se poida facer.

1. Degustación sobremesas Entroido. 1ºB. 

Para visualizalo noutra fiestra, preme aquí.

2. Degustación sobremesas Entroido. 1ºB. 
Para visualizalo noutra fiestra, preme aquí.

Desfile Entroido. Saída da porta.

Para visualizalo noutra fiestra, preme aquí.

Desfile Entroido. Volta ao cole.
Para visualizalo noutra fiestra, preme aquí.
 
Agardando á presentación 1.

Para visualizalo noutra fiestra, preme aquí.

Agardando á presentación 2.

Para visualizalo noutra fiestra, preme aquí.

Presentación Brancaneves e os 7 ananiños. 
Para visualizalo noutra fiestra, preme aquí.

Presentación de 1º Meigas e Merlíns.

Para visualizalo noutra fiestra, preme aquí.

Presentacións 2º. Carapuchiña e o lobo feroz.

Para visualizalo noutra fiestra, preme aquí.

Presentacións. Movy Dick. 

Para visualizalo noutra fiestra, preme aquí.

 Presentacións. Piratas do Caribe. 
Para visualizalo noutra fiestra, preme aquí.

Mestres. Follow the leader.

Para visualizalo noutra fiestra, preme aquí.

Algarabia ao rematar a presentación.

Para visualizalo noutra fiestra, preme aquí.

Festa coa cabritinha. 

Para visualizalo noutra fiestra, preme aquí.

Bailando a yenka.

Para visualizalo noutra fiestra, preme aquí.

Lembrando a Macarena.
Para visualizalo noutra fiestra, preme aquí.

É a hora de... 

Para visualizalo noutra fiestra, preme aquí.

jueves, 3 de marzo de 2011

Programación Desfile do Entroido

Xa para rematar a semana de Entroido terá lugar mañá o desfile, cuxa orde do día será a seguinte:

11:00 - 11:30 Recreo de primaria.
11:30 - 11:50 Os nenos/as disfrázanse.
11:50 - 13:30 Celebración do Entroido.
                       - Desfile polo patio coa presentación de cada unha das comparsas.
                       - Xuízo do Meco e testamento.
                       - Baile coa música da animación
13:00 Entrada nas clases

Sobremesas de Entroido

Despois dunha semana intensa e obedecendo as ordes do MECO, por fin chegou a última e co noso disfrace favorito tivo lugar a merendola cos postres que trouxemos das nosas casas.
Aquí podes vernos durante a celebración



Para ver as fotos de xeito individual e descargalas, fai clic aquí.

miércoles, 2 de marzo de 2011

Xa só queda unha...


Xa só nos falta unha orde do Meco por obedecer e ao cumprila o día de mañá e festexalo coa merendola, agardamos moi ansiosos/as a chegada do desfile do Entroido que terá lugar o venres.

Xa están chegando as personaxes de contos

Pouquiño a pouco, xa van chegando paseniño as personaxes de contos do noso cole como podedes ver no seguinte vídeo:
Brancaneves, Jazmín e outros tantos máis que nos farán desfrutar no desfile do venres.



Para velo directamente en youtube, fai clic aquí

martes, 1 de marzo de 2011

Resolución das actividades de "Os narigudos"

Hoxe traballamos a expresión oral respostando ás preguntas plantexadas na guía didáctica que tiñades linkada en anteriores post.

Empregouse o canón para que fose un popuco máis ameno e atractivo.

Grazas ao vídeo que foi subido a youtube podedes ver a solución final que, en liñas xerais, foi:
"Debemos aceptarnos como somos"
"O importante e sentirnos ben con nós mesmo"
"Temos que aprender a querer aos demais e saber perdoar"
 "Non discriminar a ninguén por ser diferente"
Agardemos que non vos esquezades de ningunha destas leccións que nos deron "Os narigudos"

O Entroido xa chegou

En moitos pobos de Galicia, xa chegou o Entroido mentres nós nos imos preparando para a chegada do noso desfile este venres.

Para que vaias abrindo boca, deixámosche algúns vídeos para visualizar algunhas comparsas de Entroido..



Para evitar que a música de fondo do blog se mixture co vídeo, abrilo nunha ventá externa aquí ou pausar o reprodutor.

¿Queres ver máis? Mira os seguintes:

Para velo moutra fiestra, fai clic aquí

A continuación poderala ver de seguido.


Para abrilo noutra fiestra, fai clic aquí.

Asimesmo, a parte final, poderache ser útil para facerte unha idea dalgún disfrace semellante ao que levará algún curso do noso cole.


Para visualizalo noutra ventá, fai clic aquí