martes, 28 de junio de 2011

FELICES VACACIÓNS!!!

Agora que o cole remata
e comezan as vacacións
non te esquezas dos libros
para intentar ser o mellor.

Desfruta do teu descanso
onde queira que vaias a estar
que o tempo pasa voando
e non é todo traballar.

Pero ás veces as cousas esquécense
e por iso hai que repasar, 
así que cando te aburras
pensa no curso que vas a comezar.

5 meses. 190 entradas. 21.000 visitas

Despois deste breve recorrido na historia do noso blog, aproveitamos para agradecer as vosas visitas e implicación cos contidos do blog, conseguindo en tan só 5 meses, superar ás 21.000 visitas.

Agardamos que fora do voso agrado e non dubidedes en seguir empregándoo.

Agora sí, despedímonos ata o vindeiro curso, desexándovos unhas felices vacacións.


FELICES VACACIÓNS!!!

viernes, 24 de junio de 2011

Resultados da enquisa do blog

Despois de recoller as respostas dos vosos cuestionarios, comparto con vós o resultado final das mesmas que tentará terse en conta.
Para acceder a un resumen das respostas do cuestionario, preme aquí.
Para acceder aos resultados máis detallados, preme aquí.

lunes, 20 de junio de 2011

Sumas e restas. Resumo

Aquí tedes un resumo que, aínda que é algo farragoso por falla de tempo pode ser útil para ter xuntas as explicacións da suma e as dúas variantes de facer unha resta:
  • Método tradicional.
  • Método moderno.

sábado, 18 de junio de 2011

Power Point da Saída ao Parque de Bombeiros 1º B

O xoves visitamos o Parque de Bombeiros de Ponteareas e os bombeirso foron moi amables explicándonos a súa labor, os aparellos do camión, os medios de transporte dos que dispoñen, as súas ferramentas e os sistemas de seguridade que empregan.

Aquí tes un Power Point resumo do que vimos e agardamos que non se te esquezas de nada do aprendido:

Se queres ver as fotos individualmente, podes velas no noso blog, na sección de álbumes (na parte superior dereita do blog). Podes acceder tamén aquí.
Podes visitar tamén a galería do noso cole, pois aí terás máis fotos e en maior resolución. Para velas preme aquí

miércoles, 15 de junio de 2011

Contaminación e medios de transporte

A meirande parte dos medios de transporte que empregamos a diario, contaminan o medio ambiente, pero moitos axúdannos tamén a coidalo coma os camións de lixo que recollen os nosos desperdicios e os reciclan, os camións de bombeiros que coidan as nosas paisaxes e vivendas dos incendios...
Aproveitando o coidado do medio ambiente, os incendios e que hoxe houbo un en A Cañiza, deixamos a intro dunha serie preocupada polo medioambiente que fomentaba valores como a interculturalidade, o coidado do planeta... e que ademais, nos permite traballar a comprensión do galego oral.
¿Xa a coñecías?

Medios de transporte acuáticos

Despois de ver medios de transporte terrestres, algúns de mercadorías e outros de viaxeiros, transportes de emerxencia coma helicópteros ou camións de bombeiros tocoulle a quenda aos medios de transporte acuáticos.
Os medios de transporte acuáticos desprázanse polos regatos, ríos, lagoas, ríos, mares e océanos.
Aproveitando que o ano pasado, o barco máis grande de por aquel entón estivo en Vigo (Independece of the Sea) deixámosvos unhas fotos para aqueles que non pouidestes velos.
Dende o mes de decembro do ano pasado, o barco máis grande do mundo que transporte viaxeiros é o Allure of the Sea que entre tripulación e viaxeiros permite a bordo case 9.000 persoas, distribuidas en 2.700 habitacións para pasaxeiros.
Aquí tes un vídeo para ver as dependencias e como é por dentro. Os guías explícano en inglés, pero o importante será o que vexas.


Para velo en fotos do máis grande do mundo (Allure of the Sea), preme aquí

Pero como o que estivo en Vigo foi o Independence of the Sea e din que unha imaxe vale máis ca 1.000 palabras, fíxate na imaxe e no tamaño dos autobuses de MONBUS que están ao seu lado  
¿Paréche grande ou pequeno?

Se queres ver máis fotografías, preme enriba da imaxe ou aquí
Para velas a modo de presentación, faic clic aquí

Transportes de emerxencia

Moitos transportes empréganse, hoxe en día, para salvar persoas, curar enfermos, apagar incendios...
Os medios de transporte aéreos son dos que máis chaman a nosa atención e a continuación poderás ver dous vídeos de helicópteros cargando auga para apagar incendios.
Un deles é bastante preto de Ponteareas en O Rosal. Desfrúta mirándoos.



Fíxate a forza das hélices do heliccóptero como moven a auga e mesmo salpican a cámara.

OLLO: A forza que fai un helicóptero ao cargar auga e moi grande e podes saír PINGANDO, xa que a auga pode saltarche toda. Observa que no vídeo a cámra está bastante lonxe e salpica.
Tiña un vídeo grabado co móbil onde poderiades observalo e se o localizo pendurarse para que vexades o impacto. Polo tanto, cando cargue un helicóptero mantédevos lonxe e gardade a distancia para evitar danos.

martes, 14 de junio de 2011

Resumo medios de transporte

Neste post facilítase un resumo ampliado de cuestións importantes sobre os medios de comunicación.

IMPORTANTE: As diapositivas están animadas e o texto das mesmas funciona automaticamente. Só terás clic para cambiar de diapositivas.

Medios de comunicación e Corpus Christi

Xa está á volta da esquina o Corpus Christi e seguramente os alfombristas se están a preparar para decorar as rúas.
Aproveitando que vimos os medios de comunicación e ultimamente observamos algúns erros nalgúns vídeos ou películas.

¿Saberías detectar coa axuda da túa mamá ou o teu papá cal é o erro do vídeo que che amosamos a continuación?

Divírtete cos medios de comunicación


Se non che funciona, fai clic aquí

lunes, 13 de junio de 2011

Saída ao Grove 2º

Velaquí podedes ver as fotos da saída ao Grove realizada polos alumnos de 2º curso:


Para velas noutra fiestra, preme aquí

jueves, 9 de junio de 2011

Mobilidade en bus

Aproveitando a actividade do bus do libro, a recreación das normas de comportamento dentro do mesmo e a construcción da manualidade, considerouse oportuno explicar cómo se transportan as persoas con mobilidade reducida.
Explicóuselle que os autobuses cun icono dun home con bastón admite persoas invidentes ou "cegos" e aqueles que teñen debuxo dunha cadeira de rodas, teñen ascensor para subir ás persoas.
Pero ¿onde está a rampa ou ascensor?
Dependendo do fabricante, teñen un deseño ou outro pero amosóuselle vídeos para que viran como funcionaba.
Podes velos a continuación:

AÍ SE ESCONDÍA A RAMPA:

AÍ SE ESCONDE NOUTROS BUSES:

PERO, ¿POR ONDE ANDA O ASCENSOR?
Hai varios modelos. Un téñeno adiante e outro detrás. Como está escondido, cremos que non existe, pero nestes vídeos verás onde se agocha.

E... ¿NOS AUTOBUSES DE 2 PISOS?


OUTRO ASCENSOR

Seguridade Vial

Aproveitando que mañá "sería o día da Seguridade Vial". Ponse entre comillas, xa que estase a mudar cada ano e dependendo da fonte, aparece un día ou outro.
Unha vez vistos os transportes e rememorando o vídeo de "BUSCANDO EL SOL" que se empregara para repasar o C e o Z, agora aproveitámolo para traballar a atención e observando que moitos non levan cinto de seguridade.
Lembrade que nese vídeo se dixera que ía ser retomado.
Unha vez feita a observación, rematouse cun vídeo sobre un accidente que non lle gustou nada aos nenos e case ninguén se percatou do que quería reflictir.
Déixasevos a continuación para que o poidades ver:
E lembra como di o vídeo:
Abrázate á vida. Emprega sempre o cinto de seguridade

Manualidades transportes

Despois de ver os medios de transporte e que poden ser públicos e privados, en 1ºB construimos autobuses en 3D aproveitando as actividades do libro onde nos falaba ds medios de transporte público e o comportamento oportuno cando os empregamos.
Agardamos que vos gusten:



Para ver as fotos unha por unha, só terás que premer aquí.
Así mesmo, proxectouse un vídeo curto coas normas básicas a adoptar nos autobuses, así como a explicación dos sinais que poden aparecer nos autobuses. Por exemplo, o logo para invidentes e o logo para minusválidos.
A empresa OJEA ten algúns autobuses con esas características:

miércoles, 8 de junio de 2011

Maqueta - explicación túnel de A Cañiza

Aquí poderás ver unha secuencia de imaxes do aspecto exterior - interior do túnel da Cañiza.

Para ver as fotos de xeito individual e noutra fiestra, preme aquí.
Aquí quedan dous vídeos dea explicación dada na aula, aínda que fora bastante repetitiva e monótona:


martes, 7 de junio de 2011

Deseño, funcionamento e saídas de emerxencia túnel


Traballar en 3D é sumamente complexo a estas idades e por iso partimos das operacións concretas e material visual e manipulable para explicar mellor o funcionamento dun túnel e as saídas de emerxencia.
A maqueta é bastante "CHAPUCEIRA" (todo hai que dicilo) pero para explicar creo que foi valendo.
Deixamos os fragmentos de vídeo de parte das explicacións para que poidades ver un avance ou resumo da última sesión do día de hoxe:
NOTA: O vídeo comezará no minuto 3 e 20 segundos. Está configurado dese xeito porque aí está o importante, así que non vos estranedes. Configurouse para que rematara pouco despois do minuto 5 pero ese corte non o aceptou.

6º mostra de teatro

Tedes xa algunhas obras da 6ª Mostra de Teatro realizada por alumnos de 2º curso. Colgaranse na canle de Vídeo-Tv do cole, que xa coñecedes todos aínda que se insertarán tamén no propio blog para que vos sexa máis fácil acceder ás mesmas.



Lémbrate de que podes acceder á nosa CANLE a través do blog de 1º ciclo no menú lateral esquerdo ou dende o seguinte enderezo:

Túneles. Vías de comunicación

Algunhas vías de comunicación precisan túneles, xa sexan para pasar coches ou trens.
Dado que temos o túnel -era o máis longo de Galicia (xa non o é)- da Cañiza e que se está a traballar nel e bo coñecer a súa estrutura que foi explicada na aula.
Mañá colgarase unha breve explicación. 
A meirande parte dos túneles españois son feitos a base de dinamita, voladuras, excavadoras e demais, pero dada a dureza do terreo, nun túnel de Vigo -único de Galicia- foi preciso empregar dúas tuneladoras.
Os seus nomes son LEBRE e MIÑOCA

Visto que é a única vez que están en Galicia e tan preto e que vimos o vídeo, sería bo que non desaproveitases a oportunidade e foses velas, xa que pode non voltar a presentarse esta oportunidade.
É difícil que estas cousas pasen máis dunha vez e as tuneladoras aínda seguirán aí por uns meses máis.

Fíxate no seu tamaño e lémbrate da información que nos deron no vídeo posto na aula:
Así e todo por se non podes ir a velas, lémbrate de cómo funcionaban e velaquí che queda unha foto das que hai facendo o túnel de Vigo por se as recoñeces.

lunes, 6 de junio de 2011

Táboas de multiplicar TODAS (versión KARAOKE)

Practica ou repasa as táboas dependendo se es de 1º ou 2º cantando.
Practicarás tamén a lectura e coas cancións esquecerás as tristuras:

Táboa do 10

Táboa do 9

Táboa do 8

Táboa do 7

Táboa do 6

Táboa do 5

Táboa do 4

Táboa do 3

Táboa do 2

Posto que nos atopamos no blog de 1º ciclo e que alumnos de 2º xa saben multiplicar, deixamos cancións de táboas de multiplicar para que os nenos/as de 2º repasedes no verán e aqueles de 1º que vos apetece practicar, poderedelo facer nos vosos ratos libres.
Non son as mellores cancións nin as que máis gustan, pero tamén é boa a variedade.
OLLO: Lembra que tódalas táboas teñen truco para aprendelas, tanto na escrita como mentalmente. Non te esquezas deles.

jueves, 2 de junio de 2011

miércoles, 1 de junio de 2011

Cadernos viaxeiros

Xa están case tódolos cadernos viaxeiros de 1º ciclo subidos ao blog e, en breve, subiranse os restantes.
Para que non teñades que ir ao almacén e andar buscando nas entradas anteriores, tedes creada unha solapa no blog para poder ler as opinións de tódalas nais/ pais e, por suposto, dos nenos/as.
Indicámoscha na seguinte imaxe:

Crucigrama moi básico de transportes

Aquí che deixamos un crucigrama moi sinxelo para que coloques os medios de transporte no seu lugar e escoites a información que nos da o noso amigo o gato.


Para ir á aplicación, preme enriba da imaxe ou fai clic aquí

Vías de comunicación terrestres

Unha vez vistos xa varios tipos de transporte terrestres, en 1º B realizamos unha proxección de 10 minutos dun vídeo do túnel oceánico máis grande do momento e o 3º máis grande do mundo: "O Canal de la Mancha".
Aproveitando que por el circulan coches e trens coma o que inicia a lectura e que hai un túnel moi preto de aquí (TÚNEL DE A CAÑIZA) aproveitouse para explicar que nos túneles hai un pasadizo central que comunica os dous túneles e para saír en caso de emerxencia.

Relacionamos medios de comunicación e transporte

Repasamos os medios de transporte, lembrando os medios de comunicación:


Para velo noutra fiestra, preme aquí

Medios de transporte. Ficha

Se queres repasar os medios de comunicación, por escrito, aquí che quedan unha serie de actividades para imprimir e facer en papel:

Medios de transporte. Reconociéndolos

Repasamos e recoñecemos medios de transporte:

Medios de transporte

Despois de ver que hai medios se poden clasificar en transporte que emprega combustible e os que non e que tamén os podemos diferenciar segundo sexan aéreos, marítimos e terrestres, velaquí queda unha aplicación para que os repases e coñezas un pouco máis dos diferentes medios de transporte:




Para ver o recurso en maior tamaño, preme aquí

Caderno viaxeiro 1º D

Velaquí vos queda o caderno viaxeiro de 1º D para que poidades visualizalo:

Caderno viaxeiro 1º C

Velaquí vos queda o caderno viaxeiro de 1º C para que poidades visualizalo:

Caderno viaxeiro 2º D

Velaquí vos queda o caderno viaxeiro de 2º D para que poidades visualizalo:

Caderno viaxeiro 2º A

Velaquí vos queda o caderno viaxeiro de 2º A para que poidades visualizalo:

martes, 31 de mayo de 2011

Revista do curso actual

Coméntovos que a Revista do noso cole que levastes para a casa, tédela pendurada no Blog de Normalización Lingüística e na web do colexio por se a queredes ver mellor ou se algunha sufriu deterioro.
Os links son os seguintes:

Unha vez a localices, lembra que terás que facer clic enriba para ampliala e vela mellor.

sábado, 28 de mayo de 2011

Power Point problemas

No último Power Point que se vos remitira por correo electrónico a 1º B parece que había problemas de reproducción nalgúns ordenadores, así que aprovéitase o blog para penduralo e que o poidades visualizar sen problemas.
Contén certos erros técnicos nalgunhas animacións ao facer a conversión e hai unha mistura de idiomas para se os nenos/as eran capaces de diferencialos, pero ningún se deu conta. Se vos fixades algunhas explicacións están en galego.

NOTA: O das restas levando non é obrigatorio ata 2º e hai máis xeitos de explicalas. Se da tempo, nas próximas semanas teredes un flash ou Power Point explicando mellor as sumas e as restas e tamén doutros xeitos. Porén, lembrade que tedes vídeos no blog na columna lateral dereita de repasar as sumas e as restas a aqueles nenos/as que aínda lle custe.
Polo volumen non vos preocupedes, está sen son e polo tamaño, para velo máis grande, premede na parte inferior dereita que ten catro frechiñas pequenas.


Se queredes copiar os problemas para practicalos na libreta, tedes o Power Point e os problemas debaixo escritos para que vos resulte máis fácil, premendo aquí

Caderno viaxeiro 1º A

Lembrade que en breve teredes todos os cadernos viaxeiros de 1º ciclo na solapa Caderno Viaxeiro 2011


viernes, 27 de mayo de 2011

Libros de texto 2011-2012 (gratuidade solidaria)

Hoxe saíu publicada na web da Consellería a convocatoria de axudas de libros de textos para o vindeiro curso académico 2011-2012.

Dado que a algunhas nais/ pais vos pode interesar aproveitamos dende aquí para facervos chegar a información.

Os nenos/as de 1º e 2º están incluidos nas axudas, polo tanto todos aqueles que esteades interesados en obter esa axuda para os libros, só tedes que premer aquí ou na imaxe que figura a continuación.

Alí teredes información sobre quen pode solicitala, a documentación necesaria e os detalles de todo o proceso.

O impreso para solicitalo podedes descargalo directamente premendo aquí pero é recomendable que leades toda a iinformación primeiro.

jueves, 26 de mayo de 2011

Manualidades medios de comunicación

Aproveitando que estamos co tema dos medios de comunicación, realizáronse algunhas manualidades na aula relacionas co tema.
Deixamos algunha imaxe a continuación.





miércoles, 25 de mayo de 2011

Seguimos divertídonos co reloxo practicando a hora

Fai clic na imaxe para que che abra a aplicación unha fiestra nova:


Agora que xa sabes mirar a hora e hora de que a repases por última vez e coloques a hora nos reloxos analóxico e dixital

Practicamos horas máis complexas

Repasa o que aprendiche aquí

Despois de aprender a coñecer as horas: horas en punto, media hora e cuartos de hora, é necesario aprender a contabilizar os minutos exactos nos que nos atopamos.
Para que che sexa máis fácil, desenvolveuse a seguinte aplicación.

Aprendemos as partes do reloxo e a medir a hora

Aquí un reloxo para aprender a saber ler as horas nun reloxo analóxico e nun reloxo dixital.

Aproveita a xogar coa seguinte aplicación.
Lembra que a agulla pequena marca as horas e a agulla grande os minutos.
Ás agullas tamén se lle chama SAETAS


Fichas imprimibles para traballar as matemáticas de ORIENTACIÓN ANDUJAR:

Traballar horas en punto. Preme aquí
Traballar a media hora. Preme aquí
Traballar os cuartos de hora. Preme aquí

Se esas actividades che parecen poucas, aquí deixamos un xenerador de horas para que poidas repasalas mellor. Preme aquí

Exemplo de carta

Velaquí che amosamos un exemplo de carta coas súas partes para que che quede máis claro.

Cómo escribir unha carta

Velaquí che deixamos unha vídeo explicación das partes que debe ter unha carta e como ten que ir colocada para que este verán aproveites a mandar moitas cartas aos teus amigos.

martes, 24 de mayo de 2011

Partes dunha carta

Xa pronto chegarán as vacacións e algúns estaremos lonxe dos nosos amigos.
Para poder seguir falando con eles, poderemos quedar no parque, escribirnos cartas, correo electrónico...
Pero ¿como escribir unha carta?

Comezamos deixándoche unha aplicación flash para que vexas as partes dunha carta e en qué lugar ha de ir cada unha.

Agora, só tes que practicar

Divírtete repasando as matemáticas

Velaquí che deixamos unha aplicación para que desfrutes repasando as matemáticas.

Xoga coas sumas repasando


Adiviña o número que falta.


Axúdalle a Bob Esponja a saber qué número falta


Para velo noutra fiestra preme aquí

lunes, 23 de mayo de 2011

Caderno viaxeiro 2011

Dentro da mochila viaxeira ía un caderno para escribir as vosas impresións e as dos vosos fillos/as e agora aproveitamos este blog para que todos/as vexades o resultado final.
Irémolas colgando en canto as teñamos listas e así mesmo poderedes velas todas xuntas cando estean listas na solapa denominada Caderno viaxeiro 2011 ou facendo clic aquí


Se a queres ver máis grande só terás que pulsar enriba dela e poderás visualizala coma se fose unha revista.

jueves, 19 de mayo de 2011

Día da Convivencia de Infantil


Hoxe visitáronnos os nenos de 5 anos das escolas unitarias que pertencen ao noso centro para coññecer un pouco mellor coma serían as aulas e o patio do seu futuro colexio.
Deixamos algunhas fotos para que poidades visualizalas premendo aquí

6ª mostra de teatro 1º ciclo

Dende o mércores ata este venres, estase a celebrar a 6ª mostra de teatro do CEIP Fermín Bouza Brey.
Velaquí vos deixamos algunhas fotos tomadas durante o transcurso da función



Para velas imaxes unha a unha, preme aquí

viernes, 13 de mayo de 2011

Repasamos unha vez máis as restas

Agora repasamos unha vez máis as restas



Selecciona o nivel 0 e vai avanzando




Repasamos as sumas






Practica sumas máis complexas


Selecciona o nivel 0 e vai avanzando

17 de maio. Día das Letras Galegas

Este ano 2011 dedícaselle o Día das Letras Galegas a Lois Pereiro.
Lois Pereiro naceu, baixo o pseudónimo oficial de Luis Ángel Sánchez Pereiro, o 16 de febreiro de 1958,
Aos 17 anos, quen fora un neno máis ben tímido e calado era un rapaz que recitaba os simbolistas en francés nas discotecas, compartía coa casete, e participaba nos debates dos lectores nas revistas de cine. Comezou a escribir no idioma que escoitara coma quen oe o río das orixes, e que aínda non falaba, os seus primeiros poemas.

Para saber máis da súa obra, preme aquí ou enriba da imaxe.

Disfrutamos lendo coa revista do noso cole

Hoxe todo o cole levou a Revista do cole que agardamos que vos guste.
Tentaremos subila en formato electrónico para que poidades vela en rede dentro do Blog de Normalización Lingüística como a revista do curso do ano pasado que podedes consultar no citado blog ou dende a páxina web do noso cole.


miércoles, 11 de mayo de 2011

Canle de vídeos do noso cole

Está á vosa disposición un canal online de youtube. Sería coma unha canle de TV pero con programas en diferido.
Polo de agora, só ten vídeos de baixa resolución e pouca calidade, pero tentarase facilitar o acceso a máis material videográfico en breve.
GOOGLE comezou a facer ilimitada a subida de vídeos sen límite de tempo e tamaño, pero a España non chegará ata finais de ano. Polo tanto, hai que editar os vídeos, trocealo e facerlle modificacións para subilo, así que levará tempo.
Agardamos que vos guste.


Para velo noutra fiestra preme enriba da imaxe ou en aquí

Xenerador de sumas, restas e multiplicacións

Aquí tes un xenerador de sumas, restas e multiplicacións para practicar no teu ordenador ou imprimilas e traballalas en papel.
No recadro que pón máximo, escribe 999 ou un número maior para que as sumas sexan algo máis variadas.
Se queres velo nunha fiestra máis grande, preme aquí.

lunes, 9 de mayo de 2011

Xa podedes acceder á galería

Dende hoxe xa podedes visualizar tódolos álbumes que tiñamos subidos á galería para ver aos vosos pequenos/as nas diferentes fotografías.
Para ver tódalas fotos do noso cole do curso 2010 - 2011 (1.802 distribuidas en 24 álbumes), accede dende a web do noso cole á GALERÍA ou preme enriba da seguinte imaxe.
1
Se non funciona o link, preme aquí.

viernes, 6 de mayo de 2011

Manualidade 1º B do mes de maio

Maio é por excelencia o mes das flores e en numerosas vilas e pobos se celebra o maio.
Quixemos facer unha especial homenaxe realizando unhas flores de plastilina que podedes ver a copntinuación.
1

Para velas en Picasa preme aquí

Problemas técnicos

Debido a problemas técnicos non poden visualizarse tódolos álbumes de fotos que se subiron á galería do centro no cal subimos xa 1.800 imaxes.
Procuraremos amañalo o antes posible.
Para acceder á galería, só tedes que ir á web do noso centro e facer clic na parte superior esquerda onde pón galería como se indica na seguinte imaxe.

Tamén podedes acceder aos álbumes da nosa web facendo clic enriba da imaxe

martes, 3 de mayo de 2011

Fotografías do centro

Xa está actualizada a galería da nosa páxina web con todas as fotos tomadas este curso académico no Fermín Bouza Brey.

Neste intre só hai arredor dunhas 1000 pero procuraremos ir subindo en breve as restantes.
Para acceder só ás do 1º ciclo, seguide consultando o blog pois será aí onde só aparezan as dos voso fillos/as.

Para ver tódalas fotos do noso cole, accede dende a web do noso cole á GALERÍA ou preme enriba da seguinte imaxe.
1
Se non funciona o link, preme aquí.

domingo, 1 de mayo de 2011

FELIZ DÍA DA NAI

Os nenos e nenas de 1º ciclo queremos aproveitar este post para desexarvos un Feliz Día da nai.


Todos somos iguais pero á vez temos diferentes gustos, necesidades... Uns somos máis baixos, outros máis altos, algúns somos morenos, outros somos loiros...

Non hai dúas mamás iguais pero todas nos queren moito e agradecen os nosos agasallos porque o que realmente conta e a intención e o cariño co que se fai.

viernes, 29 de abril de 2011

Agasallo do domingo


Como vos acabo de dicir, hoxe realizamos un agasallo para agradacerlle as mamás o seu cariño e a paciencia que teñen con nós.
Queremos demostrárvolo coa nosa caixiña de papel que traerá un agasallo para vos e o noso diploma dentro do seu tubo para felicitarvos o día da nai.



Se queres ver as fotos con maior calidade e gardalas no teu ordenador, preme aquí.