Poesía 2011

Para celebrar este día, dende o 1º ciclo estánse a traballar as poesías e as rimas en coordinación co Equipo da Biblioteca.

Comezamos en primeiro lugar a partires dos pareados axeitando deste xeito o nivel de dificultade á idade dos nosos alumnos/as.

Agardando que disfrutedes, deixámosvos cunha recopilación de exemplos.

Unha nena chamada Saray
é moi amiga de Yeray.

A esa nena chamada Mónica
non lle gusta tocar a harmónica.

Eva e Carmen son dúas nenas
que non teñen irmáns pequenas.

A Pablo e a Hugo
gústalle o besugo.

Á miña tía Susana
gústalle a Panorama.

A mamá de Laura
quere mercarlle unhha frauta.

A amiga de Laura
bebe moita auga.

A miña mamá Liliana
traballa toda a semana

A miña alumna Iria
fai os deberes polo día.

As nenas Saray e Lucía
lévanse de marabilla.

Anxo e o seu irmán
viaxarán en catamarán.

Aquel neno chamado Andrés
vai probar os canapés.

Á miña alumna Estefanía
gústalle moito a poesía.

Eloy e Nicolás
axudan aos demais.

A miña amiga Lucía
ten sempre moita alegría.

Un día díxome Ainhoa
que quería viaxar en canoa.

O papá de Martín
inflou a roda co bombín.

O mestre regaloulle a Miguel
un grande e saboroso pastel.

A avoa de Aarón
veu pasar un avión.

O noso compañeiro Aarón
regalóunos un bombón.

...

Aquí podedes ver poesías elaboradas pola grande maioría dos escolares que tamén poderedes ver na sección de álbumes do noso blog.



Para velas de xeito individual, preme aquí

Aproveitando os traballos de poesía, practicamos a lectura sinxela de pareados.

Podes ver algúns exemplos a continuación: