viernes, 29 de abril de 2011

Agasallo do domingo


Como vos acabo de dicir, hoxe realizamos un agasallo para agradacerlle as mamás o seu cariño e a paciencia que teñen con nós.
Queremos demostrárvolo coa nosa caixiña de papel que traerá un agasallo para vos e o noso diploma dentro do seu tubo para felicitarvos o día da nai.



Se queres ver as fotos con maior calidade e gardalas no teu ordenador, preme aquí.

Diploma virtual e reflexión para o Día da nai

Este domingo celebraremos o Día da nai, o día en que aproveitaremos a felicitar ás nosas mamás polo seu cariño e o traballo que pasan con nós.

Por se queres felicitarlle o día dun xeito especial, preme na seguinte imaxe e poderás agradecerllo dun xeito especial.  
A pesar de facerlle ese regalo, non esquezas que terás que demostrarlle o teu cariño non só ese día, obedecela e portarte ben SEMPRE, pois ese será o mellor regalo.

martes, 26 de abril de 2011

Benvidos ao 3º trimestre


Hoxe comezamos con ánimo o 3º trimestre. o cal vai durar moi pouquiño.

Por iso vos damos a benida a todos e recordándoche que te POÑAS AS PILAS

lunes, 25 de abril de 2011

23 de abril: Día do libro

Para que poidas aproveitar a ler un pouco antes de voltar ao cole das vacacións ou en calquera outro rato que teñas libre, deixámosche un libro cheo de fábulas para que practiques a lectura.

Amplia o tamaño do libro premendo enriba e pasa as follas coma se fose un libro normal e...
...desfruta coas fábulas

domingo, 24 de abril de 2011

Agasallo do 1º ciclo do Día da Terra

Tende paciencia pois tarda un pouquiño en cargar, pero agardamos que vos guste

¿Abúrreste nas vacacións?

Por se te aburres mentras comeza o cole ou queres realizar actividades relacionadas co coidado da Terra, velaquí tes algunhas actividades para realizar ou debuxos que colorear.
Prende a túa impresora e a desfrutar.
Pulsa nos seguintes links para acceder aos cadernos de actividades:

Día da Terra

Aínda que a celebración do Día da Terra tivo lugar o Venres Santo (22 de abril), deixámosche un vídeo moi interesante dun dos xeitos que podes axudar a coidar o noso planeta.

ANÍMATE E SEGUE O EXEMPLO


E se queres que os teus papás tamén axuden, poden mirar o seguinte vídeo.

lunes, 18 de abril de 2011

Feliz Semana santa!!!

Con este post, queremos aproveitar a felicitarvos a Semana Santa cun vídeo algo peculiar, aínda que agardamos que non faga falla estar "buscando el Sol"


ATA O MARTES 26 DE ABRIL

viernes, 15 de abril de 2011

Vídeo baleas

Vimos os seres vivos, traballamos os animais, clasificámolos en mamíferos e no día de hoxe, repasamos os números pares coa imaxe dunha balea.
Non había xeito mellor de completar a información que poñendo vídeo ilustrativo de información sobre as baleas.
Velaquí vos deixamos dous fragmentos para que non vos esquezades do que vimos.


Ademais explicounos como as mamás se preocupan polos seus pequeniños, ao igual que as nosas mamás, as cales moi pronto lle chegará o Día da nai.


Fin de trimestre 1ºB

Para rematar o trimestre, despois do recreo, vimos un trozo da película de Carapuchiña (versión moderna) repasando algo a lectura, -en ocasións poñendo a cámara lenta- e nomeando os diferentes animais que aparecen na mesma: osos, lobos, porcos, comadrexas, coellos, peixes...
Para finalizar vimos a película de Shrek 1 en galego para repasar o noso idioma, xa que estamos moi floxos na práctica do galego e que mellor modo para facelo que pasando un bo rato coa película.


Aínda que a calidade de visualización é mala ao igual que a grabación ao ser cun móbil totalmente a escuras, a película dentro da aula gozaba de moita maior calidade do que observaredes no blog así coma o sonido.

Repasa en Semana Santa con Pipo

Aproveitando que tes toda unha semana de vacacións, deixámosche unha aplicación de PIPO online para que aproveites a repasar e non te esquezas de traballar.
Preme enriba da imaxe e desfruta.
p

Se non funciona o link ou desexas velo en maior tamaño, preme aquí
Lembra que unha vez accedas á aplicación terás que premer no botón grande e de cor verde que pon REGISTRO GRATUITO para poder xogar.
Pídelle axuda á túa mamá ou ao teu papá se tes problemas.

Semana Santa


Aproveitando as vacacións de Semana Santa e que os nenos/as estaban ansiosos das vacacións, en moitos existía a curiosidade de porqué este trimestre resultou ser tan longo.
En base a iso formulouse unha pregunta a comezos da Semana de cal era o fito que marcaba o inicio da Semana Santa e dúas nenas trouxeron a resposta ao mesmo.
FELICIDADES IRIA E AINHOA!!!

A resposta é que a Semana Santa se celebra sempre o domingo seguinte á primeira lúa chea do equinoccio de primavera (a primeira lúa chea desta estación do ano), caendo entre o 22 de marzo e o 22 de abril, en memoria á noite en que Moisés e as 12 tribús sairon de Exipto.

Ao ser a lúa no seu estado meirande, servía de luz e de guía aos membros da tribu.

Ruta dos Penedos

No día de onte, tivo lugar a saída dos nenos/as de 2º curso e velaquí vos deixamos unha mostra da ruta dos Penedos.




Tamén podedes visualizar as fotos na sección de álbumes ou facendo clic aquí.
De seguido, podes visualizar os vídeos que tomamos de mostra:















Despois de Semana Santa, procuraremos pendurar máis material gráfico

lunes, 11 de abril de 2011

Contacontos 1º ciclo

Hoxe tivemos a sorte de que un novo contacontos visitara o noso centro e fixera as delicias dos nenos/as de 1º ciclo.
Soubo a pouco, pola súa duración pero a todos/as lle gustou moito.
Velaquí podedes ver algunhas imaxes:




Se queres ver todas as fotos e en maior calidade, preme aquí.

Campamento urbano en SEMANA SANTA

A concellería de Ensino porá en marcha os días 18,19 e 20 de Abril un campamento urbano, para nenos/as de entre 4 e 14 anos.
As actividades -completamente gratuítas- realizaranse de 10 a 14 horas, no Colexio Virxe dos Remedios, de Ponteareas.
Os interesados deberanse inscribir entre o 11 e o 15 de Abril, ou ben ata cubrir tódalas prazas, na Biblioteca Municipal ou chamando ó número de teléfono 986.66.07.65.
A admisión dos rapaces será por rigoroso orde de inscrición.

Inscripción aquí

Máis información aquí

viernes, 8 de abril de 2011

Anécdotas sobre o sol e os seres vivos

Despois de pensar un pouquiño e tentar buscar información sobre a utilidade do Sol nos seres vivos, concretamente no ser humano, Ainhoa explicounos moi ben unha das máis coñecidas que é o aporte de vitamina D para que poidamos medrar.
Por iso, aproveito este post para felicitar a Ainhoa polo seu traballo e a súa explicación.
¡FELICIDADES AINHOA!

O Sol apórtanos VITAMINA D para que poidamos absorber o calcio e dese xeito poder medrar. Sen el, o calcio non quedaría no noso corpo e ou non medraríamos ou de facelo os nosos ósos estarían máis fráxiles.

O noso corpo tería o cemento (CALCIO) pero non o albanel (VITAMINA D) que con ese cemento construiría as paredes dos nosos ósos. 
h
Observamos canto máis da o Sol nos diferentes países, máis altos somos:
Esquimais serían os máis pequenos e con pel moi branca: 1,50 -1,60 metros
Os europeos (españois) terían unha estatura media maior coma nós: 1,75 metros
A xente de África e máis morena ca nós e a súa estatura media é maior que a nosa: 1,90 metros

NOTA: Aínda que a regla é válida, inflúen moitos outros factores como alimentación e xenética. Por iso nalgúns países onde teñen máis horas de sol, a estatura pode ser algo máis baixa.

Os seres humanos tamén precisamos do Sol

O Sol tamén é moi importante para os nenos e nenas, os papás e as mamás, pois sen el teriamos moitos problemas de saúde.
Grazas ao Sol, cicatrízanse as nosas feridas e renóvase a nosa pel, fortifica os nosos músculos, axúdanos a medrar...
Se premes aquí, poderás ter máis información.

As plantas medran

Nalgúns primeiros, aproveitando o tema do aire e da auga, quíxose visualizar o crecemento das plantas cunha dose axeitada de auga e sol, descubrindo que a luz solar é esencial para a vida.
Ao longo destes días puideron comprobar ou comprobarán a evolución no crecemento dunha planta. Observaremos como as plantas se inclinan buscando a luz do Sol

A nosa saúde


Nestas semanas estívose traballando o coidado corporal e a saúde nos primeiros de diferentes xeitos, falando de habitos alimentarios, hixiene xeral, aspectos como o coidado de dentes.
Nunhas ocasións foi traballada a partires de fichas, outras veces complementada con actividades orais e ás veces mesmo con películas como a recoñecida por todos vós "Érase una vez la vida"

Neste outro vídeo poderás ver como todo marcha ben se nos lembramos de coidarnos, sobre todo os nosos dentes.


Pero se non te lembras de cepillalos, algo semellante ao que vén a continuación che acontecerá.

Visita á Biblioteca Municipal. Slide

Anteriormente penduramos as fotos xa en Picasa para que puidérades visualizalas. Para que poidades velas sen ir aos álbumes ou tedes dificultades, velaquí vos deixamos o noso xornal coas fotografías da actividade.



Se queredes visualizalas con maior detalle ou escoller as que desexades visualizar, ide á sección de álbumes ou premede aquí

Na nosa visita puidemos ver o pouco que as persoas coidan as papeleiras e mesmo o uso indebido que fan dos cables de telefonía, chegando a confundilos mesmo con tendais.

Agardamos que nun futuro, os nosos futuros cidadáns sexan máis reponsables.

E non te esquezas, cando vaias coller o teu libro, escoller a cor da túa idade.

jueves, 7 de abril de 2011

AVISOS

Este post é para comunicarvos que xa tedes máis fotos dispoñibles da Saída á Biblioteca Municipal por parte dos alumnos/as de 1º curso.
Así mesmo, tedes actualizada a sección de actividades do calendario para aqueles/as que queirades revisalo.

miércoles, 6 de abril de 2011

Día Mundial da saúde 1

No Día Mundial da Saúde, queremos comprobar a túa alimentación e se coidas o teu organismo.
Para sabelo, terás que facer o seguinte test e o ordenador informarate se a túa escolla é a mellor opción ou deberías mudar de hábitos.

Día Mundial da saúde 2

Este xoves celebramos o Día Mundial da saúde e nada mellor para facelo que comprobando os teus hábitos diarios.
¿O que comes é o axeitado para ti? ¿Tes unha vida saudable?
Se tes curiosidade e queres descubrilo, emprega a seguinte aplicación:

Saída á biblioteca-museo de Ponteareas

No día de onte tivo lugar a visita á biblioteca e museo municipais.
Aquí mostrámosche un traxe que levaban os ministros de Ponteareas hai moitos anos.

Se queres ver máis fotos da actividade, preme aquí

lunes, 4 de abril de 2011

Acceso a recursos pasados

As actividades, conmemoracións e días especiais van pasando e van quedando relegados ao almacén do blog tendo que acceder aos mesmos dende a paarte inferior buscando o mes e o post.
Para facilitar o acceso a vídeos e fotografías de días especiais, creáronse as solapas que aparecen arrodeadas en vermello para que pulsando enriba de cada unha delas accedades aos días de celebracións máis importantes do noso cole.
Para acceder ás fotos das actividades do 1º ciclo, podedes ir á sección de álbumes que se atopa xusto debaixo do calendario de actividades e enriba do calendario de Mickey. Pulsades na flecha e escolledes as fotos que vos interese ver.

Acceso ao calendario de actividades

Tódalas actividades que se fixeron e que están programadas para facer sempre se colgan no calendario de actividades para que as familias poidades estar informadas.
Para acceder ao mesmo, non tedes máis que facer clic na imaxe do calendario de papel, xusto onde sinala a seguinte flecha vermella.
Ese calendario de actividades xa existe dende o inicio do blog e agás casos excepcionais, as actividades programadas pendúranse cunha antelación media de 3-4 semanas.

Visita de maiores a 2º nivel

Aquí vos deixamos unhas fotos da visita de maiores aos catro segundos.
Agardamos que desfrutedes coas mesmas.