Un ano máis e despois de colocarse parte da información no calendario, estamos ansiosos de que cheguen os derradeios días desta semana para poder degustar os nosos postres e disfrazarnos para sorprendervos.
Agardamos que a todos/as vos chegase a nota coa información oportuna, pero por se acaso, deixámola aquí de xeito repetido.
A degustación dos postres típicos do entroido será este xoves.
Tódolos nenos/as interesados en participar deberán traer o "doce" o mesmo xoves en recipientes de usar e tirar ou debidamente "bautizados" co nome do propietario.
A celebración do desfile será o venres ás 11:50 da mañá.