martes, 31 de mayo de 2011

Revista do curso actual

Coméntovos que a Revista do noso cole que levastes para a casa, tédela pendurada no Blog de Normalización Lingüística e na web do colexio por se a queredes ver mellor ou se algunha sufriu deterioro.
Os links son os seguintes:

Unha vez a localices, lembra que terás que facer clic enriba para ampliala e vela mellor.

sábado, 28 de mayo de 2011

Power Point problemas

No último Power Point que se vos remitira por correo electrónico a 1º B parece que había problemas de reproducción nalgúns ordenadores, así que aprovéitase o blog para penduralo e que o poidades visualizar sen problemas.
Contén certos erros técnicos nalgunhas animacións ao facer a conversión e hai unha mistura de idiomas para se os nenos/as eran capaces de diferencialos, pero ningún se deu conta. Se vos fixades algunhas explicacións están en galego.

NOTA: O das restas levando non é obrigatorio ata 2º e hai máis xeitos de explicalas. Se da tempo, nas próximas semanas teredes un flash ou Power Point explicando mellor as sumas e as restas e tamén doutros xeitos. Porén, lembrade que tedes vídeos no blog na columna lateral dereita de repasar as sumas e as restas a aqueles nenos/as que aínda lle custe.
Polo volumen non vos preocupedes, está sen son e polo tamaño, para velo máis grande, premede na parte inferior dereita que ten catro frechiñas pequenas.


Se queredes copiar os problemas para practicalos na libreta, tedes o Power Point e os problemas debaixo escritos para que vos resulte máis fácil, premendo aquí

Caderno viaxeiro 1º A

Lembrade que en breve teredes todos os cadernos viaxeiros de 1º ciclo na solapa Caderno Viaxeiro 2011


viernes, 27 de mayo de 2011

Libros de texto 2011-2012 (gratuidade solidaria)

Hoxe saíu publicada na web da Consellería a convocatoria de axudas de libros de textos para o vindeiro curso académico 2011-2012.

Dado que a algunhas nais/ pais vos pode interesar aproveitamos dende aquí para facervos chegar a información.

Os nenos/as de 1º e 2º están incluidos nas axudas, polo tanto todos aqueles que esteades interesados en obter esa axuda para os libros, só tedes que premer aquí ou na imaxe que figura a continuación.

Alí teredes información sobre quen pode solicitala, a documentación necesaria e os detalles de todo o proceso.

O impreso para solicitalo podedes descargalo directamente premendo aquí pero é recomendable que leades toda a iinformación primeiro.

jueves, 26 de mayo de 2011

Manualidades medios de comunicación

Aproveitando que estamos co tema dos medios de comunicación, realizáronse algunhas manualidades na aula relacionas co tema.
Deixamos algunha imaxe a continuación.





miércoles, 25 de mayo de 2011

Seguimos divertídonos co reloxo practicando a hora

Fai clic na imaxe para que che abra a aplicación unha fiestra nova:


Agora que xa sabes mirar a hora e hora de que a repases por última vez e coloques a hora nos reloxos analóxico e dixital

Practicamos horas máis complexas

Repasa o que aprendiche aquí

Despois de aprender a coñecer as horas: horas en punto, media hora e cuartos de hora, é necesario aprender a contabilizar os minutos exactos nos que nos atopamos.
Para que che sexa máis fácil, desenvolveuse a seguinte aplicación.