Unha vez se introduciron certos contidos no blog é de especial relevancia destacar os seguintes puntos:
- Debido ao comezo tardío na creación e publicación do blog aínda hai poucos contidos que se poidan observar.
- Na parte superior do blog, xusto debaixo da imaxe do centro está dispoñible un panel coas principais novas do centro, necesidades, acordos.... que se vai actualizando pouco a pouco. Para calquera noticia relevante, picades cando a vexades pasar e abrirásevos.
- O calendario de actividades da vosa dereita servirá para ir engadindo actividades como excursións, días especiais e outras cuestións de especial importancia do 1º ciclo.
- Os scripts do tempo e calendario pretenden ser de utilidade sobre posibilidade de abrigar máis ou menos aos nenos/as aínda que se consideran superfluos pódense eliminar.
- En orientacións NEAE (Necesidades específicas de Apoio Educativo) tedes manuais sobre algún dos problemas máis habituais e orientacións importantes para cada tipo de necesidade.
- Os vídeos que aparecen á dereita, de Emilio Calatayud, son bastante interesantes para analizar a evolución da educación dos españois e pautas a ter en conta cos nenos/as.
- Os vídeos de máis abaixo son algúns vídeos educativos que irán mudándose co tempo.
- Para facilitar o acceso a outros blogs e información de importancia, existen uns enlaces aos diferentes blogs do centro, incluíndo o blog da ANPA para estar informados/as de cuestións de vital importancia referentes ao centro.
- Tedes no fondo de todo á dereita un arquivo do blogs para consultar as entradas por meses.
- Na parte esquerda, os menús aínda están a seren modificados e teñen problemas en moitos aspectos, polo tanto, en principio, ata febreiro non funcionarán.
- A ubicación do centro e cómo chegar tédela dispoñible, así coma os datos do centro para calquera cuestión que precisedess, non só enderezo senón tamén teléfono e fax.
- A sección de calendario está funcionando. Seleccionades calendario que precisedes e descargarávolo sen problema. Así memso tedes a guía do sistema educativo galego en diferente sidiomas que contén información relevante aínda que ás veces os links están a fallar.
- Se queredes comentar algún post, sobre qué vos parece, se votades algo en falta, se credes que é boa idea, os comentarios están habilitados/as para todos/as. Polo tanto, sería un bo xeito de interactuar.
- No fondo do blog, que ao mellor se vos pasa, procurarse introducir cuestións relevantes durante todo o curso escolar para que se poidan ver sempre e sen ningunha dificultade. En principio, esta semana teredes un reprodutor con cancións relacionadas coa paz, posto que en breve terá lugar a celebración do Día que a conmemora. Podedes escoitar as cancións. Tentarase mudalo de lugar e poñer as letras, para que dese xeito tamén traballen a lectura os nenos/as de paso que cantan a canción.
Agardando que vos sexa de utilidade para calquera consultar ou comentario pulsade debaixo deste post ou do correspondente e deixade as vosas opinións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario