viernes, 8 de abril de 2011

Anécdotas sobre o sol e os seres vivos

Despois de pensar un pouquiño e tentar buscar información sobre a utilidade do Sol nos seres vivos, concretamente no ser humano, Ainhoa explicounos moi ben unha das máis coñecidas que é o aporte de vitamina D para que poidamos medrar.
Por iso, aproveito este post para felicitar a Ainhoa polo seu traballo e a súa explicación.
¡FELICIDADES AINHOA!

O Sol apórtanos VITAMINA D para que poidamos absorber o calcio e dese xeito poder medrar. Sen el, o calcio non quedaría no noso corpo e ou non medraríamos ou de facelo os nosos ósos estarían máis fráxiles.

O noso corpo tería o cemento (CALCIO) pero non o albanel (VITAMINA D) que con ese cemento construiría as paredes dos nosos ósos. 
h
Observamos canto máis da o Sol nos diferentes países, máis altos somos:
Esquimais serían os máis pequenos e con pel moi branca: 1,50 -1,60 metros
Os europeos (españois) terían unha estatura media maior coma nós: 1,75 metros
A xente de África e máis morena ca nós e a súa estatura media é maior que a nosa: 1,90 metros

NOTA: Aínda que a regla é válida, inflúen moitos outros factores como alimentación e xenética. Por iso nalgúns países onde teñen máis horas de sol, a estatura pode ser algo máis baixa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario