viernes, 28 de enero de 2011

Día da paz

Xa podedes visualizar as fotos do Día da Paz.

A calidade non é demasiado boa nin hai unha diversidade destacable, pero agardamos que sexan do voso agrado.

Para visualizalas, preme aquí

jueves, 27 de enero de 2011



A día de hoxe, tódolos nenos/as levaron unha folla co listado de actividades extraescolares para o vindeiro curso.
No citado listado aparece o nome da actividade, a idade recomendada, horario e prezo da mesma para que teñades unha maior información.

Procurade cubrir o papel canto antes todos/as aqueles que esteades interesados na realización dalgunha.

Para maior información, tedes os datos da ANPA no fondo do folio ou ben, podedes acceder ao seu blog desde aquí.

miércoles, 26 de enero de 2011

Canción para a conmemoración do Día da Paz

O próximo día 28 de Xaneiro conmemorase en diferentes países e a nivel mundial o Día da Paz.

Para prepararnos ben e facer unha boa interpretación ese día tan especial, comezaremos a practicar a canción do grupo 3+2 titulada "Los niños queremos la paz"


LOS NIÑOS QUEREMOS LA PAZ

Se paró el reloj
en el andén de la estación,
despertó una canción,
en un rincón del corazón.
Son de aquí, son de allá,
se fueron sin poder hablar.
Su familia somos todos
y nunca vamos a olvidar.

Amigo conmigo tú puedes contar,
y todos unidos vamos a ganar.

Canta conmigo canta
gritaremos basta ya.
Ven y dame la mano,
los niños queremos la paz.
(BIS)

Nuestra voz llegará
por la tierra y por el mar,
yo estaré, tú estarás
y nunca nos podrán callar.
No nos van a quitar
la esperanza de vivir,
en un mundo sin temor
donde poder ser feliz.

Amigo conmigo tú puedes contar,
y todos unidos vamos a ganar.

Canta conmigo canta
gritaremos basta ya.
Ven y dame la mano,
los niños queremos la paz.
(BIS)

Hoy estamos aquí
te queremos cantar,
los niños queremos la paz.
Hoy estamos aquí
te queremos cantar,
el mundo quiere estar en paz.
Canta conmigo canta
gritaremos basta ya.
Ven y dame la mano,
el mundo quiere estar en paz,
el mundo quiere estar en paz,
el mundo quiere estar en paz.

Recomendación Día da Paz


Co gallo da celebración do Día da Paz, recoméndase que cada neno/a traia algo branco: pano, fufanda... para representar o símbolo da Paz

lunes, 24 de enero de 2011

Semana da Paz


A finais desta semana conmemorarase o Día da paz, data na que cantaremos Los niños queremos la paz (pulsa no link para escoitala) do grupo 3+2 e por iso, neste post destacaremos algúns links interesantes para o traballo na aula:
Presentacións sobreo Día da Paz:

Xogos:

Celebramos o Día da Paz:

domingo, 23 de enero de 2011

Información sobre os contidos do blog

Unha vez se introduciron certos contidos no blog é de especial relevancia destacar os seguintes puntos:
  1. Debido ao comezo tardío na creación e publicación do blog aínda hai poucos contidos que se poidan observar.
  2. Na parte superior do blog, xusto debaixo da imaxe do centro está dispoñible un panel coas principais novas do centro, necesidades, acordos.... que se vai actualizando pouco a pouco. Para calquera noticia relevante, picades cando a vexades pasar e abrirásevos.
  3. O calendario de actividades da vosa dereita servirá para ir engadindo actividades como excursións, días especiais e outras cuestións de especial importancia do 1º ciclo.
  4. Os scripts do tempo e calendario pretenden ser de utilidade sobre posibilidade de abrigar máis ou menos aos nenos/as aínda que se consideran superfluos pódense eliminar.
  5. En orientacións NEAE (Necesidades específicas de Apoio Educativo) tedes manuais sobre algún dos problemas máis habituais e orientacións importantes para cada tipo de necesidade.
  6. Os vídeos que aparecen á dereita, de Emilio Calatayud, son bastante interesantes para analizar a evolución da educación dos españois e pautas a ter en conta cos nenos/as.
  7. Os vídeos de máis abaixo son algúns vídeos educativos que irán mudándose co tempo.
  8. Para facilitar o acceso a outros blogs e información de importancia, existen uns enlaces aos diferentes blogs do centro, incluíndo o blog da ANPA para estar informados/as de cuestións de vital importancia referentes ao centro.
  9. Tedes no fondo de todo á dereita un arquivo do blogs para consultar as entradas por meses.
  10. Na parte esquerda, os menús aínda están a seren modificados e teñen problemas en moitos aspectos, polo tanto, en principio, ata febreiro non funcionarán.
  11. A ubicación do centro e cómo chegar tédela dispoñible, así coma os datos do centro para calquera cuestión que precisedess, non só enderezo senón tamén teléfono e fax.
  12. A sección de calendario está funcionando. Seleccionades calendario que precisedes e descargarávolo sen problema. Así memso tedes a guía do sistema educativo galego en diferente sidiomas que contén información relevante aínda que ás veces os links están a fallar.
  13. Se queredes comentar algún post, sobre qué vos parece, se votades algo en falta, se credes que é boa idea, os comentarios están habilitados/as para todos/as. Polo tanto, sería un bo xeito de interactuar.
  14. No fondo do blog, que ao mellor se vos pasa, procurarse introducir cuestións relevantes durante todo o curso escolar para que se poidan ver sempre e sen ningunha dificultade. En principio, esta semana teredes un reprodutor con cancións relacionadas coa paz, posto que en breve terá lugar a celebración do Día que a conmemora. Podedes escoitar as cancións. Tentarase mudalo de lugar e poñer as letras, para que dese xeito tamén traballen a lectura os nenos/as de paso que cantan a canción.
 Agardando que vos sexa de utilidade para calquera consultar ou comentario pulsade debaixo deste post ou do correspondente e deixade as vosas opinións.

Algunhas fotos máis do trimestre anterior (1º B)

Velaquí deixo links para poder visualizar algunhas fotos de actividades desenvoltas no 1º trimestre:

Partes do corpo: Unha vez vistas no libro e en cada neno/a, explicaron os nomes das partes do corpo a partires dun esqueleto móvil. Fotos

Visita á biblioteca do cole: Realizouse unha visita á biblioteca do cole para ver o seu funcionamento, ubicación dos libros, modo de comportarse dentro da mesma... Fotos

Papa Noel de visita: Papá Noel visitounos e deixounos uns agasallos. Aproveitamos a facernos unhas fotos con el. Fotos

martes, 18 de enero de 2011

Día do maior

Co gallo da celebración do Día do maior no anterior trimestre tivo lugar a cabo unha integración entres os nosos alumnos e o colectivo de maiores da residencia de Ponteareas.

Foi unha experiencia moi grata que favoreceu unha serie de valores coma respeto, colaboración e axuda aos nosos maiores, ao tempo de coñecer novas historias e novos xeitos de tratar aos demais.

Para poder consultar as fotografías podédelas ver aquí

lunes, 17 de enero de 2011

Inicio do Blog

Como acostuma dicirse: "Máis vale tarde ca nunca" e con este novo ano queremos poñer en marcha este novo blog para primeiro ciclo informando de aspectos relevantes do noso centro e cuestións que puideran ser de interese para todos/as

Agardamos que vos sexa de utilidade.

Un saúdo