Mañá comeza o mes de abril, o mes da expresión por excelencia, onde acostuman coincidir a Semana da Prensa, a reflexión crítica e o Día do Libro.
Aproveitando que a Semana da prensa coincidiu no mes de marzo e que nas últimas semanas nos expresamos poeticamente, querémolo despedir cun graffiti bastante suxerente relacionado coa liberdade de expresión. f
NOTA: En breve, procuraremos pendurar fotos da segunda visita dos maiores ao noso cole, nesta ocasión ao 2º curso de educación Primaria.
Lembramos que mañá día 31 de marzo remata o prazo de admisión e matrícula para o novo curso 2010-2011. Toda a información foi pendurada na páxina web xa moitos días atrás.
Despois do vídeo introductorio, agardo que esteades máis animados a seguir sumando e restando no voso menú da dereita.
Agora toca o máis difícil (restar levando) e hai varios xeitos de facelo, pero somos moi intelixentes e acabaranos saíndo ben.
Aquí tes un vídeo resumo:
Se aínda che seguen a parecer difíciles as sumas e restas ou ben queres comezar os teus primeiros pasos coas multiplicacións, velaquí tes algunhas opcións: Sumas Restas Multiplicacións
Se queres facer algunhas restas levando, só terás que premer aquí.
Unha explicación máis sinxela e en formato texto, podedes vela a continuación.
Por se tiverades problemas co anterior slide, velaquí vos queda outro moi semellante ao anterior:
NOTA: Aínda que o idioma empregado nos post é o galego, as explicacións e demais aplicacións van en castelán por ser o idioma no que hai que impartir as matemáticas.
Co tema dos animais puxéronse algunhas películas para ver curiosidades dos animais como elemento motivador e posteriormente comentadas oralmente en galego.
Repasábanse despois con elas os lugares onde viven os animais, a clasificación ovíparo-mamífero con vídeos de crocodrilos nacendo de ovos por exemplo.
Unha mostra dun animal ovíparo podes vela a continuación.
Aínda que agardo que te lembres dos animais mamíferos, por exemplo do delfín:
Aproveitando a chegada da primavera, proxectamos a película de O Bosque Animado para traballar a entrada da estación, diferentes tipos de animais que aparecen na mesma e, como non, practicar a comprensión auditiva e o idioma galego.
Asimesmo, na intro, aparecen plantas xa vistas na aula e dúas delas son o nome de dúas aulas de 1º que moitos nenos/as souberon localizar.
As preguntas de comprensión formuladas para avaliar a comprensión foron as seguintes:
¿Que animal era o protagonista da película? ¿Cal era o seu nome?
¿Cal foi o animal que avisou a Furi do ataque das moscas?
Escribe polo menos 6 animais que apareceran na película.
¿Que querían facer coas toupas?
¿Como se decataron as árbores do que ían a facer coas toupas?
¿En que estación do ano comezou a historia?
¿Para que precisaba o home as toupas?
¿En que lugar caeu dúas veces o can?
¿Que pensaron as moscas que era a muller da película?
¿Como se libraron da muller malvada da película?
Velaquí tedes unha mostra da visualización da película.
En días pasados, colocáronse diferentes poesías elaboradas pola grande maioría dos escolares e deixáronse penduradas de Picasa, pero para que poidales velas dun xeito máis cómo e preciso, velaquí vos deixamos unha presentación simple das mesmas:
Ao longo destes días, dende o 1º ciclo estánse a traballar as poesías e as rimas en coordinación co Equipo da Biblioteca.
Comezamos en primeiro lugar a partires dos pareados axeitando deste xeito o nivel de dificultade á idade dos nosos alumnos/as.
A partires de mañá, iremos pendurando no blog algunhas das fotos, mentras tanto deixámosvos con algúns exemplos de pareados postos aos nenos/as para facilitar a súa creación e inventiva.
Agardando que disfrutedes, deixámosvos cunha recopilación de exemplos.
Co gallo da celebtración do Día do pai que terá lugar mañá, sábado 19 de marzo tivo lugar no día de hoxe a realización de diferentes manualidades levadas a cabo nos diferentes cursos para felicitar ao noso pais polo seu cariño, apoio...
En cada curso, a actividade foi diferente para darlle unha maior heteroxeneidade e vistosidade.
A modo de exemplo, adxuntamos unha delas que algúns pais recibirán no día de mañá.
Podedes acceder á mesma dende o menú da vosa esquerda, facendo clic na imaxe que se atopa xusto debaixo do desplegable de DATOS DO CENTRO
Desculpas polos enlaces de datos do centro, pois por fallos no servidor onde se aloxaban, houbo que mudalos a outro aloxamento distinto. De todos modos se observades algún problema non dubidedes en comunicalo coma por exemplo, a existencia dalgún link roto.
A información que alí aparece é mínima pero agadamos que sexa do voso interese.
Para información máis actualizada consultade o presente blog, principalmente a Área de Nais / Pais e a sección de calendario que tendes na parte superior dereita, na cal se van engadindo as actividades que se irán realizando de aquí a final de curso.
A finalidade última do Entroido é facilitar a liberdade de expresión e aproveitando temas candentes do momento a crise, a suba de gasoil, a limitación da velocidade, xorden unha morea de sátiras ao respecto.
Os nosos maguiños -aproveitando os seus poderes máxicos- foron demasiado fedellos e quixeron expresalo dun xeito máis ameno transformando animaliños en obxectos de protesta:
Moitas desas sátiras acaban trascendendo ata o punto de que os programas da TV e as grandes orquestras de Galicia se fan eco, tal e como podedes ver no contido multimedia seguinte:
Programa LAND ROBER
Carroza:
Parodia da Orquestra Panorama. Inicio da Xira 2011
Podes visualizar os vídeos dende aquí, pero se desexas ver os vídeos directamente en youtube, preme no enlace correspondente.
Entre que o móbil quixo tomar vacacións antes de tempo e a lente do móbil non é demasiado boa a calidade das fotos e dos vídeos deixa bastante que desexar.
Fora preferible unha montaxe pero agardamos que en ocasións futuras se poida facer.
Despois dunha semana intensa e obedecendo as ordes do MECO, por fin chegou a última e co noso disfrace favorito tivo lugar a merendola cos postres que trouxemos das nosas casas.
Aquí podes vernos durante a celebración
Para ver as fotos de xeito individual e descargalas, fai clic aquí.
Xa só nos falta unha orde do Meco por obedecer e ao cumprila o día de mañá e festexalo coa merendola, agardamos moi ansiosos/as a chegada do desfile do Entroido que terá lugar o venres.