Ao longo destes días, dende o 1º ciclo estánse a traballar as poesías e as rimas en coordinación co Equipo da Biblioteca.
Comezamos en primeiro lugar a partires dos pareados axeitando deste xeito o nivel de dificultade á idade dos nosos alumnos/as.
A partires de mañá, iremos pendurando no blog algunhas das fotos, mentras tanto deixámosvos con algúns exemplos de pareados postos aos nenos/as para facilitar a súa creación e inventiva.
Agardando que disfrutedes, deixámosvos cunha recopilación de exemplos.
Unha nena chamada Saray
é moi amiga de Yeray.
A esa nena chamada Mónica
non lle gusta tocar a harmónica.
Eva e Carmen son dúas nenas
que non teñen irmáns pequenas.
A Pablo e a Hugo
gústalle o besugo.
Á miña tía Susana
gústalle a Panorama.
A mamá de Laura
quere mercarlle unhha frauta.
A amiga de Laura
bebe moita auga.A miña mamá Liliana
traballa toda a semanaA miña alumna Iria
fai os deberes polo día.
As nenas Saray e Lucía
As nenas Saray e Lucía
lévanse de marabilla.
Anxo e o seu irmán
viaxarán en catamarán.
Aquel neno chamado Andrés
vai probar os canapés.
Á miña alumna Estefanía
gústalle moito a poesía.
Eloy e Nicolás
axudan aos demais.
A miña amiga Lucía
ten sempre moita alegría.Un día díxome Ainhoa
que quería viaxar en canoa.O papá de Martín
inflou a roda co bombín.O mestre regaloulle a Miguel
un grande e saboroso pastel.A avoa de Aarón
veu pasar un avión.O noso compañeiro Aarón
regalóunos un bombón....
No hay comentarios:
Publicar un comentario