Aproveitando a chegada da primavera, proxectamos a película de O Bosque Animado para traballar a entrada da estación, diferentes tipos de animais que aparecen na mesma e, como non, practicar a comprensión auditiva e o idioma galego.
Asimesmo, na intro, aparecen plantas xa vistas na aula e dúas delas son o nome de dúas aulas de 1º que moitos nenos/as souberon localizar.
Asimesmo, na intro, aparecen plantas xa vistas na aula e dúas delas son o nome de dúas aulas de 1º que moitos nenos/as souberon localizar.
As preguntas de comprensión formuladas para avaliar a comprensión foron as seguintes:
- ¿Que animal era o protagonista da película? ¿Cal era o seu nome?
- ¿Cal foi o animal que avisou a Furi do ataque das moscas?
- Escribe polo menos 6 animais que apareceran na película.
- ¿Que querían facer coas toupas?
- ¿Como se decataron as árbores do que ían a facer coas toupas?
- ¿En que estación do ano comezou a historia?
- ¿Para que precisaba o home as toupas?
- ¿En que lugar caeu dúas veces o can?
- ¿Que pensaron as moscas que era a muller da película?
- ¿Como se libraron da muller malvada da película?
Velaquí tedes unha mostra da visualización da película.
Para vela directamente en youtube, preme aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario